Galería

O alcalde asina o regulamento que desde o próximo mes de setembro permitirá á cidadanía intervir nos plenos

25082015-_MG_1631

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou na mañá deste martes a instrución pola que se regula a quenda de rogos e preguntas do público asistente aos plenos sobre temas de interese municipal, unha medida coa que o Goberno local vén a dar cumprimento a un novo compromiso electoral, como era o de abrir os plenos á cidadanía. “Este é o principio, trátase dunha das primeiras medidas do que para nós vai supor un cambio radical na maneira de gobernar este Concello”, salientou Ferreiro, que avanzou que xunto a esta medida se desenvolverán “outras moitas” a partir de setembro.

Con este mecanismo, a cidadanía poderá exercer o seu dereito a ser escoitada no salón de sesións xa no pleno do 7 de setembro a través do que o rexedor denominou “o escano cidadán”. Para solicitar a intervención pódese empregar o formulario que desde esta mañá está na web municipal (h ttp://www.coruna.es) ou recorrer ás canles habituais, como é o Rexistro municipal. A inscrición para o vindeiro pleno xa está aberta.

O regulamento de participación cidadá nos plenos recolle que poderá haber até dez intervencións de veciños e veciñas en cada sesión, por un máximo de tres minutos, que serán moderadas polo alcalde dentro das súas funcións de presidente do Pleno. Este tamén será o responsables de dar a palabra, en caso de que proceda, ao concelleiro ou concelleira aludido para que dea resposta. Como tamén se indica no documento, o Goberno local adquire o compromiso de responder, ben no mesmo momento ou, en función da complexidade da cuestión, nun período máximo de 15 días, por escrito.
Para cada pleno abrirase unha inscrición, que se pechará cinco días antes da sesión plenaria. De existir máis de dez solicitudes, as intervencións escolleranse a través dun sorteo público, transparente, e regulado, tal como se plasma na instrución de alcaldía. Aquelas peticións que non teñan cabida nun pleno entrarán no sorteo dos dous seguintes.

 

Xunta de Goberno

Por outra banda, o alcalde informou esta mañá dos principais asuntos tratados na xunta de goberno de hoxe: a aprobación do modificativo de crédito que se levará ao Pleno do 7 de setembro e a prórroga do servizo da ORA que, como sinalou Ferreiro, vén motivada polo efecto suspensivo que ten o recurso presentado por unha das empresas que se presentaron ao concurso, e que obriga á suspensión da adxudicación do novo contrato e á prórroga ata o 30 de setembro, data na que, previsiblemente, o recurso estea xa resolto.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s