Galería

O Concello presta a súa colaboración para mellorar o abastecemento de auga en Arteixo

25082015-_MG_1515

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá deste martes co rexedor de Arteixo, Carlos Calvelo, e o d irector xeral d e Emalcsa, Jaime Castiñeira, para impulsar un convenio que vai permitir á empresa municipal de augas da Coruña prestar servizo ao concello de Arteixo, a fin de resolver o problema de abastecemento do municipio, renovar a súa rede e conseguir un importante aforro enerxético. Tal e como salientou Ferreiro, o convenio segue a liña que desde o principio leva este Goberno municipal, “estreitar os lazos coa área metropolitana, prestar colaboración cos concellos e seguir creando comarca, área metropolitana”. Neste sentido, obxectivo, indicou o alcalde coruñés, é claro: “Que ese servizo, que Emalcsa non ten ningunha dificultade en prestar, redunde no ben dos veciños e veciñas de
Arteixo e que A Coruña, unha vez máis, asuma o papel que debe asumir na área metropolitana, que é o de colaborar co resto dos concellos”.

O acordo, no que ademais dos concellos da Coruña e Arteixo intervirán a Deputación e a Autoridade Portuaria, servirá para avanzar na planificación da liña principal de auga que vai entrar en Arteixo, un proxecto que servirá tamén para dar subministración ao porto exterior e chegar ata o polígono de Sabón. O proxecto, que contempla unha canalización de sete quilómetros desde o depósito de Emalcsa de Penamoa, ten un orzamento de seis millóns de euros e un prazo de execución previsto de dous anos, repartido en distintas fases. “Facer esa infraestrutura para nós é vital, porque é a liña principal de auga do noso concello”, salientou ao remate do encontro Calvelo, quen calcula que a obra podería comezar no vindeiro verán e suporía un importante aforro enerxético, de ata 20.000 euros ao mes.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s