Galería

Os Concellos da Coruña e Santiago colaborarán na creación dos seus Observatorios de Igualdade de Xénero

SONY DSC

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, mantivo este martes un encontro de traballo en Raxoi coa responsable municipal destas áreas en Santiago, Marta Lois, co obxectivo de abrir unha vía de colaboración entre os seus departamentos que permita crear “sinerxias feministas” en ambos os dous concellos. Entre as medidas que se acordaron nesta primeira xuntanza, que Fraga cualificou de “moi satisfactoria”, está a de traballar de forma coordinada no deseño do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero que os dous concellos prevén poñer en marcha. “Neste momento de cambio político, este traballo é importante porque pode ser o inicio dun novo xeito de xestionar a política municipal”, valorou a concelleira de Igualdade e Diversidade da Coruña, quen salientou a “predisposición” dos dous departamentos a seguir colaborando.

No encontro abordáronse cuestións como a posibilidade de realizar accións institucionais coordinadas, entre elas unha moción para instar aos gobernos do Estado e da Xunta a ofrecer recursos máis eficaces na loita contra a violencia machista. Tamén, falouse da necesidade de artellar unha rede de concellos galegos que teña a igualdade de xénero como eixe e, neste sentido, comezouse a perfilar unha futura xornada política e técnica entre concellos na que artellar redes transversais de igualdade e diversidade nos municipios participantes.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s