Galería

Claudia Delso: “A xente tiña moitísimas ganas de que se escoitara a súa voz nos plenos. Era unha demanda histórica da cidade”

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Cladia Delso, destacou este mércores a “riqueza e pluralidade” que achegará a participación da cidadanía aos plenos, que desde a sesión do próximo 7 de setembro disporán dunha quenda onde
poderán intervir ata dez persoas para formular as súas cuestións aos concelleiros e concelleiras desde o chamado “escano cidadán”. “É un escano dende onde falar ao mesmo nivel que un representante político. A xente tiña moitísimas ganas de que se escoitara a súa voz nos plenos, era unha demanda histórica dos veciños e as veciñas da cidade”, salientou a responsable municipal.

As intervencións, que xa se poden solicitar desde o formulario habilitado na páxina web do Concello (w ww.coruna.es/participacionplenos) , servirán para levar ao pleno cuestións de interese municipal, que se trasladarán con antelación na propia solicitude. “Hai cuestións, como unha suxestión ou reclamación, que xa teñen previamente un canal predeterminado, que son temas que non sería este o espazo para tratalos. Por iso pedimos que a xente nos facilite os temas, para organizar as intervencións e responder se teñen cabida dentro do pleno ou se hai outro canal específico para tratar ese tema”, explicou a concelleira, que sinalou que o seu departamento traballa para abrir novas vías de contacto coa cidadanía. “Ata agora o Concello tiña o 010 e o Rexistro.

Estamos abrindo varias canles e para utilizalas ben, e que o mundo poida ser escoitado e poida achegar as súas suxestións, reflexións e demandas, debemos establecer os mecanismos axeitados”, indicou Delso.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s