Galería

O Goberno local lémbralle ao Grupo Municipal do PP que o saldo da prórroga ao servizo da ORA será positivo para o Concello

O Goberno local da Coruña lembra que, segundo os seus datos, as tres prórrogas que asinou do contrato da ORA a primeira incluía tamén servizo de grúaofrecerán un resultado de liquidación do período entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de carácter positivo por un importe de 3.483 euros, o que desminte por completo as afirmacións feitas polo Grupo Municipal do PP, que acusaba ao actual Goberno de perder un millón de euros coas citadas prórrogas, que no terceiro caso debeuse a un recurso xudicial contra o novo contrato.

“Afirmar que un servizo que dá superávit supuxo perdas dun millón de euros para este Concello, como fai o Partido Popular, demostra un total descoñecemento da xestión municipal, que resulta especialmente preocupante, e significativo, ao saír esas declaracións de quen tivo responsabilidades de Goberno”, indicou o concelleiro de Mobilidade, Daniel Díaz Grandío.

“Tras un déficit en xullo, cando á ORA se lle sumaba o servizo da Grúa, de 35.199,06 euros; a liquidación do período comprendido entre os días 1 e 25 de agosto de 2015 da ORA será duns ingresos de 187.575 euros, ao que hai que restar a retención de crédito para facer fronte a facturas de 169.000 euros, polo que queda un superávit de 18.575 euros. E as previsións desde hoxe ata o 30 de setembro, calculadas en base á media anual de ingresos, serán duns ingresos de 270.108 euros aos que se lles resta unha retención de crédito de 250.000 euros, datos que apuntan a un superávit neste período de 20.108 euros”, explica o concelleiro, que considera que estes números avalan o anuncio feito polo Goberno municipal segundo o cal a prórroga do servizo da ORA aprobada en Xunta de Goberno Local non supón ningunha perda para o erario público, tal e como no seu día explicou o alcalde, Xulio Ferreiro.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s