Galería

A Concellería de Medio Ambiente cualifica de “éxito” o Proxecto Piloto de Xestión Integral de Residuos nos barrios de Campanario e As Rañas

04-09-15 MARÍA GARCÍA - CAMPANARIO1

A Concellería de Medio Ambiente do Goberno local da Coruña amosou este venres a súa satisfacción pola experiencia piloto para a xestión integral de residuos levada a cabo dende o pasado 24 de agosto e até hoxe nos barrios de Campanario e As Rañas. A edil responsable deste departamento, María García, visitou esta tarde ambos enclaves, e cualificou de “exitoso” o balance xeral desta experiencia pioneira que buscaba “mellorar a calidade de vida da veciñanza destas zonas e acondicionar a contorna partindo dunha xestión axeitada do lixo con separación en orixe e recollida selectiva”.

García destacou que “esta experiencia é o inicio dun ambicioso proxecto de colaboración, que pretende ampliarse a partir de agora fomentando a cooperación de todas as partes na mellora na calidade de vida e da dignificación destes barrios. Escoitaremos as súas demandas e impulsaremos a normalización de servizos”.

O Concello da Coruña participou neste proxecto piloto achegando os materiais e facilitando a separación de residuos e o seu transporte pertinente. Ademais, traballadores municipais colaboraron na separación en orixe e na recollida selectiva das distintas tipoloxías de residuos. García destacou a boa acollida entre os veciños de ambas zonas deste proxecto de recollida selectiva, “de feito, esta iniciativa foi impulsada en boa medida polos propios veciños e veciñas destes barrios, xa que foi a
propia asociación do PortiñoCampanario a que nos solicitou unha experiencia deste tipo”.

García incidiu en que o Concello plantexou aos veciños e veciñas de Campanario e As Rañas un proxecto de xestión ambiental moi ambicioso que foi “superado de forma satisfactoria”. “Existe unha grande vontade por parte da veciñanza de separar, sobre todo procedeuse a xestión de rodas, residuos voluminosos, escombro, vidro, roupa, pilas e fluorescentes”, explicou. Ademais do propio Concello da Coruña, neste proxecto tamén participou Ecovidrio.

A responsable de Medio Ambiente no Concello da Coruña tamén salientou que este proxecto vai máis alá da propia xestión ambiental de residuos xa que un dos seus obxectivos foi, ademais do principal, “que todas estas medidas de limpeza están enfocadas a iniciar accións comunitarias de empoderamento e emancipación dos cidadáns destes barrios”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s