Galería

Alberto Lema: “Sacar a concurso as prazas baleiras dos mercados é algo que beneficia a toda a cidadanía, xa que xerará novos postos de traballo na Coruña”

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, anunciou hoxe, nunha entrevista en Radio Coruña, a intención do Goberno local de sacar a concurso, contra principio do próximo ano, as 50 prazas baleiras que hai na rede de mercados municipais. Para iso, o edil prevé impulsar unha nova ordenanza das actividades nestes inmobles, “para que as adxudicacións se realicen non mediante un procedemento de subasta,como até o de agora, onde primaba o factor económico, senón un procedemento de concurso, onde se teñan en conta criterios como o proxecto ou a diversidade, a fin de ampliar a oferta que presentan estes recintos”.

“Durante o pasado mandado municipal semella que non houbo moito interese en atender aos mercados, xa que nin tan sequera se promoveu a ocupación das prazas baleiras”, indicou Lema, que adiantou que, á hora de introducir unha nova ordenanza para regular os mercados, “o Goberno municipal terá moi en conta as achegas e emendas que fagan as propias praceiras e praceiros”.

O concelleiro destacou que “un mercado municipal é un ente complexo, que gaña en atractivo canta máis actividade ten”. “Ademais, sacar a concurso as prazas baleiras xerará emprego, tamén de forma indirecta, xa que moitas veces os titulares fan contratacións, polo que é algo que beneficia a toda a cidadanía”, argumentou.

Por outro lado, o titular da área de Emprego e Economía Social insistiu en que o Concello da Coruña reclamará á Xunta de Galicia que cumpra os compromisos que adquiriu con respecto ao mercado municipal de Santa Lucía, e que pasaban pola posta en marcha dun centro de saúde. “Cremos que o proxecto existente é totalmente aplicable, polo que lle reclamamos á Consellería de Sanidade do Goberno autonómico que non actúe neste tema atendendo a intereses partidistas. O que antes valía cando gobernaba o PP non pode agora ser botado atrás”, explicou, á vez que recordou
que “xa van dúas veces que Sanidade cancela as citas que tiñan con nós para tratar este tema”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s