Galería

Teatro Colón: Chirigóticas substitúe a El Greco y la legión Tebana

Por motivos alleos ao Teatro Colón e debido á indisposición de parte do elenco, o espectáculo ‘El Greco y la legión tebana’ non poderá verse o venres 11 de setembro tal e como estaba previsto. Por deferencia e respecto ao público coruñés tanto a produtora coma o teatro buscaron unha alternativa, de xeito que o vindeiro venres 11 poderá verse no escenario herculino a comedia‘Chirigóticas’, unha proposta desenfadada e satírica que nos transporta ao carnaval gaditano.

Con dramaturxia e dirección de Antonio Álamo ‘Chirigóticas’ traspasa os límites do humor para amosarnos tres historias distintas a través da sátira, o discurso crítico e a ironía. Alejandra e Ana López Segovia e Teresa Quintero dan vida aos distintos personaxes de ‘La tela te lo vale’, ‘Emigrantas’ e ‘Cambio de Estado’, as tres historias que compoñen ‘Chirigóticas’ e que nos falan dun mercado na rúa, un grupo de mulleres que emigran na procura dunha vida mellor e un noiva que durante a súa despedida de solteira cambia de opinión respecto ao matrimonio.

Aquelas persoas que adquirisen entradas para ver ‘El Greco y la legión Tebana’ poden solicitar a devolución no prazo dun mes a partir do día da función a través da mesma canle pola que as adquiriron, o Teatro Colón ofreceralles ademais unha invitación para o espectáculo que escollan –suxeito a dispoñibilidade- polas molestias ocasionadas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s