Galería

Xulio Ferreiro, na xuntanza de Barcelona: “Sabemos que as cidades temos que compartir recursos, a política é algo que debe facerse en común, non rivalizando”

04-09-15 Recepción Barcelona

Xulio Ferreiro participou este venres en Barcelona nunha xornada de traballo con outros sete alcaldes e alcaldesas das principais cidades do Estado Español. A rexedora da cidade, Ada Colau, actuou como anfitrioa e, en torno ás catro desta tarde, recibiu no Concello barcelonés tanto a Ferreiro, como á primeira edil de Madrid (Manuela Carmena) e a de Badalona (Dolors Sabater), ademais dos rexedores de Santiago de
Compostela (Martiño Noriega), Cádiz (José María González ‘Kichi’), Iruña/Pamplona
(Joseba Asirón) e Zaragoza (Pedro Santiesteve).

Nesta xornada de traballo, os alcaldes e alcaldesas destas cidades, marcadas por un profundo cambio político tras as eleccións do 24 de maio, abordaron diversos temas. A recepción no Concello de Barcelona durou aproximadamente media hora, para dar paso a unha xuntanza na que estiveron presentes todos e todas as rexedoras convocadas de aproximadamente hora e media. A xuntanza serviu para facer unha achega sobre os proxectos en comúns que poden desenvolver estes municipios. “Aínda que houbo moitas reunións bilaterais, é a primeira vez que nos xuntamos nós os oito. Estamos a falar de como podemos crear proxectos comúns e compartir recursos e experiencias… Todos somos rexedores e rexedoras que entendemos que a política é algo que se debe facer en común, non rivalizando”, comentou Ferreiro.

Segundo explicou o rexedor coruñés, a idea é “repetir máis xuntanzas” deste tipo, dando cabida a que nelas participen máis cidades. Nesta toma de contacto inicial os principais temas abordados versaron sobre dereito á vivenda, participación, igualdade, e tamén, como estaba previsto, sobre as cidades refuxio.

De feito, neste tema, Ferreiro, explicou que “esta vez, como en moitas outras, a cidadanía foi por diante dos políticos”. “Puidemos detectar o grande ofrecemento cidadán para con estas persoas pero, máis alá da onda de solidariedade, conseguiuse que as institucións que realmente teñen competencias neste tema, comezasen a actuar”, indicou.

O alcalde coruñés explicou que na reunión de rexedores e rexedoras en Barcelona, todos coincidiron na necesidade de poñer en marcha medidas a medio e longo prazo a respecto do tema das cidades refuxio. “Evidentemente que isto non soluciona o problema, que é moito máis fondo, por iso cremos que toca tamén empezar a traballar no medio e no longo prazo, para ver que é o que pasará con estas persoas dentro de tres ou de seis meses”, explicou. “De novo, se as administracións competentes, a central e a europea, non o fan, teremos que dar as primeiras pegadas dende os concellos e instalos a que actúen, como pasou agora”, resumiu.

Na recepción e xornada de traballo no concello de Barcelona que terá continuación mañátamén estiveron presentes outros tres concelleiros e concelleiras do Goberno local da Coruña. Claudia Delso Participación e Innovación Democráticae Xiao Varela Rexeneración Urbana e Dereito á Vivendarealizaron unha visita a Can Batló, unha zona fabril da cidade que se remonta ao século XIX que se recuperou para o uso público despois dun tempo de reivindicación popular e que agora mesmo está a ser reactivado mediante a autoorganización veciñal, que comeza a dar vida ao que xa é solo propiedade do concello, que se apoia no tecido asociativo para dinamizar a zona, no que podería ser un referente de cara a algunhas recuperacións de solo público que o goberno local da Coruña aspira a pechar durante o actual mandato.

Pola súa parte, Rocío Fraga, concelleira de Igualdade e Diversidade, mantivo varias
xuntanzas cos equipos homólogo de Madrid e Barcelona, así como mantivo as primeiras conversas centradas na colaboración entre cidades de cara a actual na acollida de refuxiados e refuxiadas. Este sábado seguirán as mesas de traballo no concello de Barcelona.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s