Galería

A Corporación municipal garda un minuto de silencio polas vítimas do accidente de Carral

20150907 MINUTO DE SILENCIO  ACCIDENTE CARRAL

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o resto da Corporación municipal, así como traballadores e traballadoras do Concello, sumáronse neste luns ao acto convocado ás portas do Pazo de María Pita en memoria das vítimas do accidente do sábado en

Carral, que suma xa sete persoas falecidas. “ Vimos de gardar un minuto de silencio cos traballadores e traballadoras municipais, e co resto dos grupos, concelleiros e concelleiras”, sinalou o rexedor, quen tamén fixo referencia á vítima de violencia machista de onte en Vigo, “unha muller máis que se suma á dor que tiñamos desta fin de semana”.

Ferreiro acudiu o mesmo sábado á noite ao Chuac, acompañado da concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, para ofrecer os servizos do Concello ás persoas afectadas e poñer en marcha, en colaboración coa Cruz Vermella e poñéndose en contacto varias veces co 112, os servizos de asistencia psicolóxica entre os que estiveron os do Concellopara que estiveran presentes no momento no que os familiares tiñan que recoñecer os corpos e enfrontarse á dura situación. O domingo, o alcalde visitou a algunhas das persoas feridas e volveuse poñer a disposición delas e das súas familias para o que o Concello da Coruña poida ofrecerlles. Tamén, e
segundo sinalou o rexedor, nos últimos días mantivo contactos cos alcaldes de Carral e de Culleredo, e fará o mesmo co de Cambre.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s