Galería

Teatro Colón: fin de semana de humor con ‘Chirigóticas’ e Noites de Retranca

Esta fin de semana o humor volve ao Teatro Colón con dúas propostas diferentes pero complementarias: o venres 11 ás 21:00 horas poderemos ver o espectáculo ‘Chirigóticas. El Origen’ e o sábado 12 ás 20:30 horas volven as Noites de Retranca con Quico Cadaval, Celso Sanmartín e Cándido Pazó.

‘Chirigóticas’ é unha proposta desenfadada e satírica que nos transporta ao carnaval gaditano e que interpretan Alejandra López Segovia, Ana López Segovia e Teresa Quintero. A proposta de Antonio Álamo traspasa os límites do humor a través de tres historias cheas de sátira, crítica e ironía: ‘La tela te lo vale’, ‘Emigrantas’ e ‘Cambio de Estado’.

O espectáculo naceu como un encargo do Festival Madrid Sur pero a boa recepción que tivo levou ao equipo artístico a formar a compañía Chirigóticas cunha xira que superou as 200 representacións. Na actualidade contan con dous espectáculos máis en repertorio: ‘La maleta de los nervios’ e ‘La Copla Negra’.

Humor do país con Quico Cadaval, Celso Sanmartín e Cándido Pazó

Despois dunha dobre función co teatro cheo o pasado mes de xaneiro volven as Noites de Retranca ao Teatro Colón, esta vez da man de Quico Cadaval, Celso Sanmartín e Cándido Pazó. A función será o sábado 12 de setembro ás 20:30 horas.

Noites de Retranca é un dos espectáculos de humor máis vistos da historia do teatro galego, un show de máis de 90 minutos de duración cheo dese humor que tanto nos caracteriza. Unha cita obrigada para os amantes da risa.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima R. Varela

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s