Galería

O alcalde reúnese con representantes de entidades financeiras para avanzar na colaboración en temas sociais e de xestión

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, vén de reunirse ao longo da mañá deste martes con representantes de distintas entidades financeiras presentes na cidade para abordar a súa colaboración co Concello en temas sociais, como a loita contra os desafiuzamentos, ou asinar convenios para facilitar á cidadanía o pago de taxas. “Estamos plantexando unha serie de cuestións para establecer protocolos que lles permitan ás entidades establecer relacións co Concello, por exemplo, para avisar a Servizos Sociais en casos nos que detecten, a través das súas relacións cos clientes, problemas sociais ou para seguir mantendo a súa vivenda”, exemplificou o rexedor, quen recalcou: “A nosa prioridade nestes momentos é darlles unha solución a estas persoas, unha alternativa de habitabilidade e de vivenda”.

Así, hoxe Ferreiro recibiu a representantes de Bankia e Banco Ceiss, así como asinou convenios para o pago de taxas e conversou con directivos de Caixabank e Abanca. Neste sentido, o alcalde avanzou que as xuntanzas están a servir para solicitar ás entidades bancarias que poñan a disposición do Concello os seus parques de vivenda, tanto para casos de emerxencia social na cidade como para o programa de erradicación dos asentamentos precarios que se está poñendo en marcha. Tamén, indicou Ferreiro, para acollemento de persoas refuxiadas. “Se queremos que A Coruña sexa unha cidade refuxio e que poida acoller o maior número de persoas que o necesiten, por mor da actual crise humanitaria, tamén nos gustaría que as entidades
financeiras botasen unha man achegando fondos ou achegando os seus parques de vivenda”, valorou.

Durante a xornada, o rexedor asinou convenios con dúas entidades para avanzar nas novas formas de pago dos tributos e taxas municipais que terán os coruñeses e coruñesas, que desde este ano poderán facer o abonamento, non só na caixa municipal da rúa da Franxa (en horario de 08.00 a 14.00 horas) senón tamén en calquera das 145 oficinas na Coruña das entidades financeiras CaixaBank e Abanca (que este martes asinaron o convenio, representados por Marc Arthur Benhamou e Santiago Novoa, respectivamente), así como Banco Pastor e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria. Este ano, o Concello tamén establecerá novas canles de xestión telemáticas para
efectuar o pagamento, que se poderá facer a través dos caixeiros automáticos 24 horas de Abanca e Caixabank, a través dunha aplicación móbil, mediante certificado dixital desde Red.es ou na web municipal Coruna.es, que se farán sen certificado dixital e permitirá o pagamento con tarxeta de calquera entidade sen custo ningún.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s