Galería

O alcalde da Coruña lamenta que o anterior Goberno local “só deixase un saldo de 66 céntimos para facer fronte ao mantemento dos centros educativos”

09-09-15 FERREIRO-CAMEÁN-AMPAS

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, mantiveron hoxe unha xuntanza cos representantes das ANPA´s dos centros públicos da Coruña, co obxectivo de coñecer as súas achegas de cara ao inicio do novo curso. O rexedor explicou que esta reunión buscaba “subir un chanzo máis na interlocución do Concello coas asociacións de nais e pais”. Ademais, durante o encontro, o Goberno municipal insistiu en que seguirá a apoiar e a financiar, como até o de agora, actividades extraescolares relacionadas co mundo do deporte e a cultura.
Tamén se prestará especial atención ás necesidades de mantemento que presentan os centros escolares, “a pesar de que durante os primeros meses do ano, o anterior Goberno gastou todo o diñeiro que había para reformas”. “Agora mesmo, este Concello ten só 66 céntimos para o que é o mantemento de colexios de aquí a fin de ano”, explicou o alcalde.

Con todo, e na rolda de prensa que tivo cos medios, Ferreiro explicou que o Concello paliará a situación na que se atopa, derivada da anterior etapa de Goberno do PP, co modificativo de crédito que se aprobará no próximo Pleno municipal. “Incluiremos unha partida para facer fronte ás intervencións máis urxentes, pero dende logo as cuestións que hoxe nos trasladaban as ANPA´s non poderán acometerse até o ano que vén, porque os cartos que estaban reservados para todo 2015 xa foron gastados na primeira parte do exercicio”, indicou.

Así mesmo, o rexedor coruñés explicou que o Goberno local instará á Xunta a que cumpra os seus compromisos coa cidade en materia educativa. “Hai determinadas obras nos colexios da Coruña que tiñan que ser asumidas pola Administración autonómica, por exemplo existe un protocolo que no que o Concello cubría unha parte das cubertas dos colexios e a Xunta a outra. O Goberno da cidade cumpríu coas súas obrigas, e esperamos que a Xunta faga o mesmo”, dixo.

Por outro lado, na reunión cos representantes das ANPA´s, que se celebrou no Salón de Plenos do Pazo de María Pita, a concelleira Caméan informou das liñas básicas nas que se centrarán as políticas do Concello relacionadas cos centros educativos. A edil insistiu en que un dos obxectivos do Goberno da Coruña de cara ao novo curso é “darlle prioridade aos procesos de participación democrática no ámbito escolar”. Isto tradúcese en poder contar coas achegas de todos os sectores implicados, especialmente as asociacións de nais e pais de alumnos. “Entendemos que é necesario escoitar as vosas necesidades e atender as vosas demandas. A participación é un alicerce necesario para avanzar de cara a consecución dunha educación pública de calidade”, comentou Camén aos seus interlocutores na xuntanza.

Cameán destacou o impulso que se lle pretende dar ás actividades de “reforzo educativo”. “Temos que axudar a aqueles alumnos e alumnas que, por diversos motivos, están nunha situación de desvantaxe con respecto ao resto. Con isto, á vez, fomentamos unha cidadanía máis libre”, comentou.

Nas políticas educativas que pretenden desenvolver Xustiza Social e Coidados hai tamén unha terceira pata que atinxe á “apertura dos centros de ensino”. “É importante dar alternativas aos nenos despois das clases”, dixo Caméan. A maioría dos representantes das ANPA´s que este mércores pasaron por María Pita coincidiron en sinalar este asunto como unha das grandes necesidades dos centros educativos da Coruña, nas que, até o de agora “nunca tiveran ningún tipo de capacidade de decisión”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s