Galería

O Concello solicitará información a Alcoa España sobre o futuro da planta da Coruña e o mantemento dos postos de traballo

09-09-15 REUNIÓN ALCALDE-COMITÉ EMPRESA

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse esta tarde cos representantes do comité de empresa da factoría de Alcoa na cidade. Os traballadores da fábrica explicaron ao rexedor as novidades da última subasta eléctrica realizada por Rede Eléctrica de Espapa (REE) e amosaron a súa preocupación con respecto ao futuro da planta e a pervivencia dos postos de traballo. O Goberno local volveu expresar o seu compromiso firme co cadro de persoal e manifestou que o apoiará nas súas reivindicacións ante o Goberno central, a Xunta de Galicia e o propio grupo empresarial. “A nosa sintonía é total. Apoiamos as súas reclamacións porque estamos falando de algo que para nós é esencial, que son os postos de traballo. O Goberno central, e en concreto o Ministerio de Industria, debe tomar cartas no modelo enerxético e instaurar un sistema que garantice o mantemento destas empresa a medio e a longo prazo. A Xunta tamén ten que apostar polas plantas, non só pola da Coruña, tamén pola de San Cibrán, que se atopa nunha situación semellante”, explicou o rexedor.

O Concello da Coruña recoñece que “a nivel competencial non pode facer moito” para garantizar a continuidade da fábrica, por iso se compromete a actuar como “altofalante das reivindicacións dos traballadores e traballadoras e esixir ás administracións que si teñen competencias, que cumpran as súas promesas”. Ademais, o Goberno local porase en contacto con Alcoa España “para que clarifique cales son os plans para a planta e deixe constancia de que hai unha aposta por esta factoría a medio e largo prazo e polo emprego na Coruña, máis alá das coxunturas da subasta deste
ano, do pasado, ou do que vén”.

“Temos que estar vixiantes para que as cousas que se prometen dende as diversas administracións se cumpran. Pola nosa parte, aportaremos todo aquelo que poidamos dende o noso marco de negociación. Por exemplo, velaremos porque nos terreos da fábrica non se plantexe ningún tipo de especulación”, indicou o alcalde.

Por outro lado, dende o comité de empresa, os seus representante valoraron “moi positivamente” a reunión con Ferreiro. “É importante o apoio e que dende as institucións nos sintamos arroupados. Para nós hai dous responsables claros que nos prexudican. Un é o Goberno central, por manter un sistema perverso, mentres que o outro gran responsable é a propia empresa, que vemos como ano tras ano vai mermando a competitividade da planta da Coruña”, explicaron.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s