Galería

A OSG ofrecerá mañá un concerto de balde con directores novos a beneficio da Cociña Económica

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, e o xerente do Consorcio para a Promoción da Música, Andrés Lacasa, presentaron na mañá deste xoves o concerto solidario que ofrecerá mañá, venres, a OSG a beneficio da Cociña
Económica. “Trátase dun lugar emblemático e socialmente responsable da cidade”, lembrou o concelleiro, quen subliñou o compromiso do Goberno local, tanto coa Sinfónica como con este tipo de entidades.

O concerto, que terá lugar ás 20.30 horas no pazo da Ópera, terá como protagonistas aos directores novos de toda España que esta semana participan nas clases maxistrais de formación coa Sinfónica e terá unha duración dunha hora, na que se interpretarán catro obras curtas, con movementos de sinfonías de Brahms, Sibelius, Stravinski e Mozart. A entrada ten carácter gratuíto, e o público poderá achegar tanto diñeiro como alimentos en favor da institución benéfica. “Todo estará preparado para que a xente poida deixar as bolsas co que queiras achegar e entre todos e todas apoiar a esta gran institución que agora é máis necesaria que nunca”, expuxo Lacasa, quen valorou que o Consorcio da Promoción da Música poida colaborar, a través desta actividade coa Cociña Económica.

Neste sentido, o presidente da institución, Alberto Martí, que tamén acudiu á presentación, agradeceu ás moitas persoas e entidades que se lembran da Cociña Económica. “Estamos cumprindo e podemos saír adiante, a pesar de atender a máis persoas que nunca, grazas á xenerosidade da xente”, afirmou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s