Galería

José Manuel Sande destaca a conexión da Coruña mariñeira e da vangarda artística da segunda edición do Festival Mar de Mares

20150910 JOSÉ MANUEL SANDE- FESTIVAL MAR DE MARES

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na presentación do Festival Mar de Mares, o encontro artístico, educativo e lúdico que xira arredor do mundo mariño e que celebrará a súa segunda edición do 24 ao 29 de novembro. O responsable municipal salientou o “vínculo histórico, económico e social” do mar coa Coruña de vangarda, “ambos fonte de traballo e riqueza económica” na cidade. A segunda edición do evento multidisciplinar, segundo destacou Sande, afondará na idea “dunha Coruña máis aberta, participativa e que apoia ás e aos creadores galegos contemporáneos” a través de actividades e exposicións nas que colaborará o Concello, como é o caso de Somos mar , “unha residencia artística improvisada” na que participarán oito artistas de Galicia “e na que o público poderá participar no seu proceso creativo”.

Despois dunha semana de traballo conxunto na Sala de Exposicións do Palexco, Somos mar culminará nunha mostra colectiva que permanecerá aberta até o día 29 de novembro e programará, de xeito paralelo, “concertos, recitais de poesía ou diálogos con traballadoras e traballadores do mar”.

Entre as actividades máis destacadas que apoia a Concellería de Culturas atópase a exposición Oceános , unha retrospectiva de David Doubilet, “un dos fotógrafos máis emblemáticos e talentosos do mundo”, sinalou Sande. O Kiosco Alfonso acollerá esta mostra ademais dun obradoiro que Doubilet impartirá os días 13 e 14 de novembro para artistas e profesionais da fotografía. O Concello tamén se suma ao Festival co programa europeo Sea for society , do que é socio a través do Aquarium Finisterrae. O proxecto levará ás rúas da cidade actividades como A rte azul no barrio de Peixaría ou nas instalacións urbanas C idade azul: arte na rúa, na que participarán os colectivos Basurama e Hábitat Social.

O Festival Mar de Mares tamén contará con cafés científicos, limpeza de praias e un mercado do mar. Unha das novidades desta segunda edición será que a relación do mar coa Coruña tamén estará presente na Fundación Luis Seoane a través da exposición Luis Seoane e o mar , unha mostra de óleos, debuxos e proxectos editoriais do intelectual galego que contan co mar como protagonista.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s