Galería

Xulio Ferreiro reivindica a contestación social como motor de cambio

20150910 ALCALDE- REITORADO- XORNADAS PENSANDO EN XUSTIZA 1

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reivindicou este xoves o papel da contestación social como motor de cambio, durante a súa intervención na inauguración da segunda edición das xornadas ‘Pensando en Xustiza’, que organiza o Colexio de Avogados da Coruña xunto coa Universidade e a Asociación Profesional da Maxistratura de Galicia (APM) e que se celebran entre hoxe e mañá no Paraninfo da Maestranza. “Neste momento de emerxencia social e de contestación social, o descontento forma unha cidade diferente”, sinalou Ferreiro, quen atribúe a esa oposición o ter conseguido “que as institucións públicas se poñan a traballar e que as entidades privadas como as entidades bancarias entendan cal é a súa nova función e a súa responsabilidade social” neste novo contexto histórico que se abre no ano 2008.

Neste contexto, o rexedor quixo recoñecer o papel da xudicatura, “e sobre todo dos xuíces de abaixo”, nos cambios na interpretación das normas xurídicas para a protección das persoas ante certos abusos, caso de certas cláusulas tipo en contratos como os hipotecarios, que durante anos foron asumidos como normais. “Entenderon a importancia da norma xurídica e do estado social. Novamente, construír desde abaixo acaba cambiando as formas tamén na Xustiza e incluso obrigando a que se fagan modificacións, por exemplo, da Lei Hipotecaria”, indicou Ferreiro, quen tamén tivo palabras para eses letrados e letradas “audaces, que entenderon a súa función de defensa dos dereitos da cidadanía” e que permitiron a xuíces e tribunais introducir formas novidosas de interpretar a norma xurídica.

Durante a súa intervención, o alcalde lembrou tamén a relevancia da reflexión sobre os grandes temas que afectan a toda a cidadanía e chamou a relativizar os problemas do día a día. Nesa liña, fixo mención da relevancia do dereito urbanístico un dos asuntos que se abordan nas xornadas, xunto coa reforma do Código Penal, a contratación bancaria e o papel dos operadores xurídicosna tarefa de pensar a cidade. “Calquera política que queiramos facer de medio ambiente, de mobilidade, de humanización ou incluso de vivenda ten que estar antes sobre un plano, sobre ese dereito urbanístico e os instrumentos de planeamento”, constatou, e lembrou casos “candentes” como os do Ofimático ou Someso. Neste sentido, Ferreiro fixo unha reflexión sobre o modelo urbanístico herdado, “instrumentos que estaban pensados para un xeito de facer cidade, se cadra, apresurado e aloucado, cunha inercia que neste momento histórico temos que tentar parar para darlle un sentido diferente, pensando no dereito á cidade e nun desenvolvemento urbanístico máis humano e máis sostible”, plantexou.

O rexedor foi encargado de presentar aos outros membros da mesa inaugural, na que estiveron presentes o decano do Colexio de Avogados, Augusto PérezCepeda Vila, o maxistrado representante da APM José Ignacio Picatoste, o director da Banca Particulares para Galicia do Banco Santander, Jesús Otero Díaz, e o decano da facultade de Dereito da Coruña, José Manuel Busto Lago, e aproveitou para defender o papel “esencial” da Universidade e das facultades de dereito e eloxiar a boa relación e colaboración que existe hoxe entre as distintas institucións.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s