Galería

O alcalde da Coruña demandalle á Xunta “lealdade institucional” que se reflicta nos orzamentos

11-09-15 ALCALDE-ROCÍO MOSQUERA

çO alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse este venres en Santiago coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, á que lle demandou maior “lealdade institucional”, así como deixar de realizar “un uso partidario das institucións” na vez de colaborar coa administración local para solucionar os problemas que se lle presenta á cidadanía nesta área.

Entre outros factores, Ferreiro manifestou a intención de“tomar a iniciativa e impulsar a rehabilitación do mercado de Santa Lucía”. O desexo do Concello é mellorar as instalacións do inmoble e construir un centro de saúde que remedie a deficiente cobertura sanitaria do barrio, reivindicación ademais de gran parte da veciñanza da zona. Para iso, o rexedor esixiu á titular de Sanidade, “un compromiso claro co proxecto, que se reflicta nos orzamentos da Xunta para 2016”. Ademais, tamén solicitou información sobre o complexo hospitalario do CHUAC e o estado do seu servizo de urxencias.

Ferreiro trasladoulle a Mosquera a preocupación do Goberno municipal da Coruña polo CHUAC, en concreto, polo funcionamento do servizo de urxencias, debido as numerosas queixas que suscita entre os veciños e veciñas da cidade. O primeiro edil coruñés xa manifestou ao presidente da Xunta a súa inquedanza por este tema na reunión de hai dous meses.

O rexedor esixiu, neste sentido, un compromiso a Mosquera cos centros de sanidade de barrio, o que reflicte na preocupación que xera no Concello o proceso de rehabilitación de Santa Lucía, tendo en conta que o propio presidente da Xunta “non o tiña sobre a mesa, entre as súas prioridades”, o pasado xullo, cando o alcalde se reuniu con el en San Caetano. O alcalde da Coruña manifestou, á vista das por agora escasas actuacións da Xunta para con este tema, a intención do Goberno municipal de “tomar a iniciativa e responsabilizarse do estudo da rehabilitación do edificio e da elaboración, no seu caso, do anteproxecto”. Nos próximos días, o Executivo local convocará á comisión de seguimento do protocolo de colaboración entre a Xunta e Concello“para garantir o avance do proxecto”.

Unha vez rematada a reunión coa conselleira, Ferreiro amosou a súa “profunda decepción” ao constatar, a través das redes sociais, que Mosquera recibiu antes a dous concelleiros da oposición, o PP, antes que ao propio alcalde da Coruña. Por todo isto, o rexedor coruñés sostén que a titular da Consellería de Sanidade non está a traballar “á altura das súas responsabilidades” xa que as súas actuacións como gobernantes deben ir encamiñadas a mellorar a calidade de vida da cidadanía, e non a facer “un uso partidista das institucións”. “O PP segue sen asumir que xa non goberna na Coruña, e que as institucións non son súas”, sostén o alcalde, que insistiu en que “a cidade e os seus veciños e veciñas non merecen este trato, que deriva dunha clara deslealdade institucional”. “Queda claro que Feijóo ten un problema na Consellería de Sanidade”, resolveu.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s