Galería

Xiao Varela confirma avances no proceso para resolver o conflito do edificio Conde de Fenosa

20150911 XIAO VARELA- DECLARACIÓNS XUNTA DE GOBERNO 1

O Concello remitirá de forma inminente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o proxecto para legalizar o edificio Conde de Fenosa, un documento que xa recibiu un primeiro aval da Dirección Xeral de Patrimonio. Antes, a proposta será levada á Xunta de Goberno Local, segundo informou na mañá deste venres o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito a Vivenda, Xiao Varela. “O documento está practicamente rematado. Estamos a facerlle a última revisión co persoal municipal ata o último milímetro para envialo ao tribunal”, indicou, e sinalou que os veciños e veciñas do inmoble serán os primeiros en coñecer o proxecto, que contempla a demolición parcial para repoñelo á legalidade coa mínima intervención posible e co menor dano para as persoas residentes e para as arcas públicas.

O Concello vén de coñecer a valoración positiva de Patrimonio á súa proposta, pero deberá esperar a ter a resolución formal para poder levar o documento a Xunta de Goberno e despois trasladalo ás instancias xudiciais, un trámite que segundo avanzou Varela se producirá “ a finais deste mes ou principios do seguinte”. “O informe favorable de Patrimonio facilita a tramitación”, confirmou o responsable municipal, para matizar que só unha pequena parte da esquina coa avenida de Fisterra está afectada por Patrimonio porque o edificio adxacente ten protección ambiental. “A afección era moi limitada e, ademais, as obras que se están propoñendo alí melloran o estado do edificio que hai”, salientou.

O concelleiro informou tamén dos temas que se aprobaron neste venres da Xunta de Goberno Local, unha ducia de asuntos entre os que se conta a encomenda de execución do mantemento de pasarelas peonís que o Concello levará a cabo.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s