Galería

O Ágora acolle este outono o ciclo de artes escénicas Bebescena, dirixido a nenos e nenas de ata tres anos

O Ágora acolle desde hoxe e ata o 13 de decembro o ciclo Bebescena, unha serie de espectáculos pensados para bebés de entre un e tres anos que se representarán os domingos entre as 11.00 e as 12.30 horas. A oferta para outono componse de sete
citas, cando menos unha ao mes, con propostas nacionais e estranxeiros que andan a obter gran cantidade de premios, e que se complementan con obradoiros dirixidos a profesionais e aos pais e nais. As actuacións están pensadas para que os pequenos e as pequenas accionen, reaccionen e interaccionen desde a súa chegada até a súa saída coa súa familia acompañante, con outros bebés e coa contorna.

Todos os espectáculos están representados por actores e actrices, músicos, bailaríns e outros profesionais expertos en primeira infancia, onde todo é posible sobre o escenario: as ilusións ópticas, os estados de equilibrio inexplicables, as danzas raras, as voces suxestivas, os obxectos estraños que aparecen desde os lugares máis insospeitados. Entre os obxectivos das actividades está o facilitar ás familias momentos gratos de achega cos fillos e fillas, provocar novas experiencias
para favorecer o desenvolvemento de sensibilidades, crear hábitos culturais que o descubrimento e o desenvolvemento da vontade, ofrecer recursos para a formación, na medida na que acheguen elementos formativos para a infancia, aínda que sen didactismo, e favorecer o desenvolvemento de hábitos de convivencia, xa que a asistencia a unha representación teatral supón un acto social.

O ciclo compleméntase con Todo Público, que arrincará en outubro no Fórum Metropolitano. As obras seleccionadas para ambos os dous ciclos son un reflexo da boa saúde do teatro para a infancia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s