Galería

O Concello activará mañá os seus dispositivos de prevención ante as previsións meteorolóxicas, que alertan de choivas e fortes ventos durante todo o día

O Concello manterá activos durante toda a xornada de mañá martes os seus dispositivos de seguridade ante as predicións meteorolóxicas, que alertan de
precipitacións abundantes desde as oito da mañá e de ventos de ata 80 quilómetros por hora a partir da madrugada e ata a media noite. No mar, as previsións avisan de fenómenos costeiros por ventos de forza sete, con ondas que poden chegar aos catro metros. A Xunta, a través do 112, ten activadas tres alertas, dúas amarelas e unha, a relativa ás choivas, laranxa.

Para evitar posibles riscos, os servizos municipais pecharán o parque de Santa Margarita e outros espazos verdes como son o de Casares Quiroga e Ponte da Pedra e a zona do Barrio das Flores, unha medida que poderá estenderse a outras áreas en función da evolución do temporal. Ao mesmo tempo, o Goberno local chama á cidadanía a ter precaución ante as malas condicións meteorolóxicas, que segundo sinalan os servizos meteorolóxicos, tenderán a remitir o mércores.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s