Galería

O Concello colabora na homenaxe anual á figura de Manuel María coa cesión do teatro Rosalía para o espectáculo Lúas de Outono

14-09-15 SANDE-FUNDACIÓN MANUEL MARÍA

O próximo mércores, 16 de setembro, terá lugar no Teatro Rosalía de Castro a homenaxe anual que se lle dá na Coruña ao poeta Manuel María, que pasou os
últimos anos da súa vida na cidade, na que finou. O espectáculo Lúas de Outono volverá a celebrarse neste escenario, o desexado pola fundación que promociona a obra deste intelectual, ao que se lle adican as Letras Galegas de 2016. O Concello da Coruña cederá, a través do IMCE, o teatro para que poida acoller esta actuación, na que se porá en valor a obra de Manuel María, conxugando poesía e música. A entrada é libre até completar aforo.

Na presentación de Lúas de Outono este luns no Pazo de María Pita, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou “a emblemática figura de Manuel María, poeta, procurador, intelectual e home comprometido”. O edil manifestou a necesaria recuperación “das figuras do noso pasado, e non tan pasado, como é o caso concreto de Manuel María, figura destacada e significativa, escollida para ser o eixo central do Día das Letras do vindeiro ano”.

Ao acto acudiron representantes da Fundación Manuel María, que organiza este espectáculo anual. En concreto, a súa presidenta, a viúva do poeta, Saleta Goi, e o secretario, Alberte Ansede. Goi agradeceu ao Concello que volvese a abrir “as portas do Rosalía para este acto”. “Pensamos que poderemos retomar unha relación de normalidade co Concello, unha relación que se rompeu cando chegou o Goberno municipal que acaba de saír”, explicou.

Ansede destacou que este 2015 se cumpren 11 anos da morte de poeta, e sete dende que a Fundación Manuel María organiza estes actos actos de recoñecemento. “As tres primeiras celebracións deste espectáculo tiveron lugar no Rosalía, pero posteriormente o PP non nos deu acceso a ese teatro. A Deputación cedéunos o Colón, pero, por unha cuestión simbólica, durante todo este tempo quixemos volver ao anterior escenario”, comentou, á vez que agradeceu a participación dos organismos colaboradores.

Lúas de Outono misturará nesta edición a obra de Manuel María coa música, coa actuación de Pepe Vaamonde Grupo, que presentará o seu último traballo, N as pedras do lar. A poesía correrá a cargo de Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán Vello e Xulio L. Valcárcel.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s