Galería

O Pleno de María Pita acorda solicitar a Fomento e á Autoridade Portuaria o traspaso da titularidade dos terreos da Mariña e da Avenida de Montouto

14-09-15 PLENO PARTICIPACIÓN

O Pleno do Concello da Coruña acordou este luns solicitar tanto ao Ministerio de Fomento como á Autoridade Portuaria o traspaso da titularidade dos terreos da Mariña e da Avenida de Montouto. A iniciativa do Goberno municipal foi apoiada
cos votos a favor de PSOE e BNG. O PP foi o único grupo con representación da corporación da Coruña que votou en contra.

Ambas zonas teñen a consideración de bens patrimoniais portuarios. O Executivo municipal sostén que é necesario solicitar a titularidade deses terreos, tal e como autoriza a propia Ley de Portos de Galicia, e que estes sexan traspasados ao Concello. Defende que “se trata dun exercicio de sentido común” xa que se trata dunha zona verde e dun viario.

Por parte do BNG, a voceira do grupo municipal, Avia Veira, avanzou o apoio da súaformación á citada iniciativa xa que manifestou que non era de recibo “que o Concello estea a gastar cartos nuns terreos que nin sequera son deles”. Pola súa parte, o portavoz socialista, José Manuel Dapena, tamén declarou que “no pasado, xa se lle preguntou ao PP, cando gobernaba, por que se estaba a gastar diñeiro en solo que era propiedade da Autoridade Portuaria”. O propio Partido Popular, a pesar de votar en contra, manifestou por boca do concelleiro Martín Fernández Prado, a súa conformidade con que a cidade “recuperase eses terreos, e outros máis”.

Pola súa banda, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, defendeu a necesidade de solicitar a titularidade municipal destes terreos, e desvinculou esta iniciativa da reclamación que fai o Concello á Autoridade Portuaria á fin de que as obras da Mariña sexan recepcionadas con todas as garantías de legalidade. “Reivindicar a licenza, a legalidade dunha obra, non é empezar a casa polo tellado, é poñer os alicerces de forma correcta”, manifestou en resposta ao PP.

Varela defendeu a importancia de que os terreos da Mariña sexan de titularidade municipal e de que, antes de iso, as obras desa zona conten con todas as garantías de legalidade, “para poñer esta parte da cidade, como as demais, en mans da cidadanía”. “O que estamos pedindo á Autoridade Portuaria non é un capricho, temos que devolverlle á cidadanía o dereito que se lle roubou, que é o de poder decidir os cambios que se queren facer nas obras da Mariña”, explicou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s