Galería

Teatro Colón: Ballet Norte en coprodución co CCG presenta ‘Atlántica’

A compañía coruñesa Ballet Norte en coprodución co Centro Coreográfico Galego presenta este venres 18 ás 20:30 horas a peza ‘Atlántica’, la primera como coreógrafo de Juan Miguel Hernández.

‘Atlántica’ é unha proposta neoclásica inspirada na cultura galega e que toma como referencia aos poetas do Rexurdimento. A través dunha visión contemporánea a obra busca facer partícipes aos espectadores das soidades, temores, amores e desamores tomando como punto de partida un fragmento da novela de Manuel Murguía ‘La mujer de fuego’. O título da peza fai referencia á importancia que o mar ten para Galicia, como medio de vida e como nexo de unión entre distintas culturas.

Ismael Berdei compuxo a música orixinal, traballando man a man co coreógrafo e os dez intérpretes, os contidos audiovisuais están deseñados por Pixel Films. Silvana Sestelo, Yolanda Pérez, Ailén Ramos, Rosalía Vázquez, Noemi Trincado, Paula Ripoll, Miguel Ángel Ponte, Dayro Valdés, Iago Alonso e Fernando Piñeiro son os bailaríns e bailarinas que dan vida a ‘Atlántica’. 

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Fátima R. Varela

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s