Galería

O concelleiro de Emprego e Economía Social participa nun encontro do Eixo Atlántico coa responsable europea de Políticas Urbanas

15-09-15 LEMA EIXO ATLÁNTICO 2

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, participou hoxe nun encontro do Eixo Atlántico coa responsable europea de Políticas Urbanas, Judit Torokne, que se celebrou en Ourense. Na xuntanza, ademais do edil coruñés, participaron varios alcaldes e representantes doutros municipios galegos integrados neste organismo, ademais do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

O encontro serviu para reflexionar sobre o deseño das novas políticas urbanas en Europa por parte do novo equipo de traballo comunitario. Ademais, foi a primeira reunión de perfil político entre os representantes dos diversos concellos do Eixo Atlántico e un membro da Comisión Europea para tratar asuntos de política urbana e da súa aplicación en Galicia e no Norte de Portugal. “Foi unha reunión produtiva na que se informou sobre os programas en curso que ten Europa e como é posible
acceder ás axudas comunitarias para accións de desenvolvemento sostible e integral das cidades, algo que no caso da Coruña xa temos bastante avanzado e que é un dos obxectivos deste novo Goberno municipal”, explicou Lema.

O concelleiro gabouse de que “as políticas municipais que está a desenvolver A Coruña de cara ao seu desenvolvemento sostible e participativo como cidade, van nas liña das recomendacións europeas, que se basean na intelixencia, integración e innovación”. “A de hoxe foi unha xuntanza especialmente informativa, na que se nos explicou, ademais, como poder acceder ás liñás de financiamento existentes e futuras da UE neste terreo”, comentou Lema. Á vez, os representantes municipais tamén puideron dirixirse á comisaria europea para trasladarlle as súas aportacións sobre
o deseño das políticas urbanas e as cuestións nas que pode ser mellorada.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s