Galería

O Concello da Coruña e o Ministerio de Fomento acordan darlle un impulso á intermodal e traballar xuntos no modelo aeroportuario

15-09-15 XULIO FERREIRO 2 - ANA PASTOR

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, que estivo acompalado do concelleiro de Rexeneración Urbana Xiao Varela, mantivo unha reunión de máis de dúas horas en Madrid coa ministra de Fomento, Ana Pastor, un encontro que o rexedor coruñés destacou como “construtivo e que tivo lugar nun clima de entendemento
favorecido pola cercanía”.

Durante a reunión tratáronse distintos asuntos, tanto a nivel político como técnico, entre os que destacou o da Intermodal, onde ambas partes coincidiron en que a actual etapa non demanda “obras faraónicas senón mellorar as condicións de vida da xente”. “Entenderon ás nosas discrepancias coa idea de aproveitar a futura Intermodal para crear novos centros comerciais que puideran prexudicar ao comercio local e tamén aceptaron a necesidade e urxencia da obra, polo que acordamos darlle un pulo a tres banda que incorpore tamén á Xunta de Galicia”, explica Ferreiro.

Así mesmo, Concello da Coruña e Ministerio de Fomento tamén amosaron o seu acordo arredor da política aeroportuaria. “Como vimos dicindo desde hai tempo, é tempo de deter competicións sen sentido entre cidades que benefician a terceiros e apostar por un uso racional dos fondos públicos; unha visión coa que a ministra concordou, polo que concordamos na nosa disposición plena para atopar posicións comúns baseadas na cooperación que abran unha nova e fecunda etapa para os aeroportos galegos xunto á administración autonómica e as outras dúas cidades galegas con aeroporto”, indicou o alcalde da Coruña.

Durante a longa xuntanza, os representantes do Concello tamén dialogaron cos de Fomento sobre o proxecto municipal de reforma do acceso á cidade por Alfonso Molina, que espertou o interese da ministra e o seu equipo, que se comprometeron a analizado e pronunciarse sobre o mesmo nuns días. “Comprenderon que é unha decisión de calado e comprometéronse a estudalo, partindo da diferencia de que o actual proxecto incide nunha vía de alta capacidade que entra até o corazón da cidade namentras que o proxecto do Concello remarca a condición de avenida e está máis pensado para as xentes que viven nas súas marxes, no que xa é plena urbe, sen que por iso se deixen de arranxar os posibles problemas de mobilidade”, explica Ferreiro.

Por último, o alcalde da Coruña tamén aproveitou a “cordial” visita para anunciarlle de viva voz á ministra o acordo alcanzado no Pleno municipal a prol da cesión de terreos do porto ao Concello que o goberno central comprometeuse a estudare falouse tamén sobre os plans de Fomento para os terreos portuarios de Calvo Sotelo, onde Fomento recoñeceu a lexitimidade do goberno municipal para pensar noutro uso para esta zona dentro doutro proxecto de cidade pero insistiu nas enormes necesidades económicas polas que pasa a Autoridade Portuaria, que poñen en perigo a súa viabilidade. Nese sentido, en todo caso, alcanzouse un consenso entre ambas partes a favor de revisar as cifras de cara a pensar nos próximos pasos a dar.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s