Galería

O Concello presentará as novas políticas de Participación e o primeiro proceso da ‘Porta aberta’ que se abrirá á cidadanía nun acto público, o xoves, no teatro Rosalía

A Concellería de Participación e Innovación Democrática presentará este xoves, ás 19.30 horas, no teatro Rosalía, as políticas en materia de participación que porá en marcha o Goberno municipal, nun acto que está aberto á cidadanía e ao que tamén están convidados todos os grupos da corporación municipal e distintas entidades. Na presentación, na que intervirán xunto coa concelleira de Participación, Claudia Delso, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, daranse a coñecer os procesos participativos que o Concello abrirá á cidadanía. “Presentaremos a ‘Porta Aberta’, que é o nome dos moitos procesos que se activarán na cidade, unha porta que se abre para quedar aberta”, expón Delso, quen adianta que o primeiro deses procesos terá que ver coa organización da cidade en distritos, “órganos territoriais de participación de especial relevancia e que serán fundamentais cara aos Orzamentos Participativos”.

Na súa primeira fase, que comeza o próximo día 22 e durará ata o mes de decembro, a concellería levará a cabo 27 xuntanzas abertas á xente por toda a cidade e desenvolverá tamén encontros online. “Trátase de que a cidadanía entre na política municipal e comece a ser corresponsable, de decidir de forma colectiva”, salienta a concelleira, quen destaca do proceso sobre distritos a reflexión “moi importante que supón a nivel territorial, a nivel de como queremos organizarnos”. “Prepárase o terreo para unha participación efectiva”, apunta. Delso valora tamén a metodoloxía e
a reflexión que supoñen estes novos mecanismos. “Nada similar ten ocorrido na cidade”, subliña, e incide no traballo conxunto da súa concellería coa de Rexeneración Urbana, o departamento de Innovación Tecnolóxica municipal e o Observatorio Urbano neste eido.

Por outra banda, a responsable municipal de Participación intervén na xornada deste martes na Rede Española de Cidades Intelixentes, Reci, que se desenvolve en Logroño, e que serve como primeira toma de contacto despois dos cambios das últimas eleccións municipais. A Coruña participa nesta reunión como coordinadora do grupo de traballo de Innovación Social, que aborda materias como a transparencia, a goberno aberto ou o “open data”, un traballo que, segundo informa a concelleira, seguirase a desenvolver nesta nova etapa e ao que poderán incorporarse novas cidades.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s