Galería

Xulio Ferreiro: “A estrea do Escano Cidadán supuxo un momento histórico, polo que a cidadanía levaba esperando décadas”

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, amosou este martes a súa satisfacción pola posta en marcha o día anterior do Escano Cidadán, polo cal veciños e veciñas da cidade poden intervir nos Plenos municipais e facerse escoitar diante da Corporación.

“Trátase da primeira vez que isto ocorría no Salón de Plenos de María Pita, o que converteu este luns nun momento histórico. Non obstante, é de lamentar que ante unha iniciativa tan importante, a reacción de PP e PSOE fose de incomodidade, mesmo chegando a afirmar os primeiros que a sesión ‘carecía de contido’ ou intentando impugnar a quenda cidadá os segundos. Son estas as dúas forzas políticas que tiveron décadas para habilitar a intervención popular no Pleno pero nunca o fixeron, sendo este novo Goberno o que activase esta fórmula de participación cidadá, que non se trata dun feito illado senón que forma parte dun amplo paquete de medidas e actividades participativas que se porán de inmediato a funcionar e que supoñen un cambio na forma de gobernar a cidade, moito máis democrática”, indicou Ferreiro.

Con todo, o alcalde recoñeceu que as oito persoas que interviron no Pleno do luns tiveron que esperar varias horas para poder facelo, circunstancia na que se intentará mellorar malia que o regulamento obriga a que a quenda cidadá teña lugar ao remate da sesión, que se prevén agora máis longas ao debaterse todas as propostas dos grupos, algo que, por exemplo, no pasado mandato non ocorría ao negar o debate de moitas mocións o grupo que daquela ostentaba o Goberno. “Asumimos que foi unha espera longa a desta xente no Pleno, buscaremos evitalas nas seguintes ocasións, pero
sen dúbida a espera máis longa foi a de décadas nas que a cidadanía da Coruña non tivo voz no Salón de Plenos do Concello, como ocorreu nos últimos 32 anos ante a negativa a ceder a palabra á xente de PSOE e PP, incluso a pesar de que existía a posibilidade legal de facelo”, indicou o rexedor.

Así mesmo, Ferreiro tamén se amosou sorprendido polo feito de terse atopado reticencias por parte de forzas políticas da Coruña “ao tempo que outros gobernos de varias cores se teñen posto en contacto con nós para pedirnos información sobre a fórmula elixida para implementar o Escano Cidadán coa intención de aplicala nas súas cidades”. Por último, o alcalde da Coruña dixo que as intervencións “foron plurais e ricas en contido, con persoas dunha opinión e outra, como debe ser xa que, como manifestei durante o Pleno, a ninguén se lle debe mirar a súa filiación á hora de
expresarse, xa que é un dereito de todas e todas, unha realidade emocionante, como a que provocou a primeira intervención, a dunha persoa á que por desgraza se lle impedira dirixirse á Corporación no mandato anterior, algo que agora puido facer para trasladar unha problemática importante á que, como o resto, prestamos atención e agradecemos que se nos comunique”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s