Galería

Xulio Ferreiro: “O PSOE ten que decidir se vai estar permanentemente co PP, ou vai apoiar as arelas de cambio deste novo Goberno”

15-09-15 XULIO FERREIRO

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, lamentou este martes a actitude do PSOE no Pleno municipal celebrado onte, no que ao revés do que anunciara publicamente, votou en contra, xunto co PP, do modificativo de crédito, “necesario para facer fronte
ás facturas pendentes deixadas polo anterior Goberno”, entre outras cuestións. “O modificativo presentado foi o que se pactou co PSOE, o que se levou á Xunta de Goberno local e o que se ditaminou co voto socialista. Haberá que saber que razóns emprega agora como argumento para explicar a súa actuación, xa que na aprobación do voto particular do BNG votou exactamente o mesmo que a Marea”, explicou. “Ademais, adicar 30.000 euros contra as violencias machistas parece algo difícil de votar en contra”, engadiu.

Así, o rexedor pediu ao Partido Socialista da Coruña que “diga dunha vez de que lado se vai situar”. “Hai que saber se vai estar permanentemente co PP, ou vai apoiar as arelas de cambio que supuxo a Marea para esta cidade. Creo que o PSOE está actuando de xeito irresponsable. Dálle igual que teñamos facturas de hai un ano ou de dous pendentes, provedores que están esperando, as partidas previstas para mellorar os colexios, para atender ás emerxencias sociais, ás becas comedor… Parece
que os problemas da veciñanza dánlle igual”.

En base ao comportamento do PSOE no Pleno ordinario celebrado onte, Ferreiro quixo facer “un chamamento á dirección provincial, autonómica, e incluso ao secretario xeral dos socialistas, para que digan se realmente esta é a postura coa que pretenden presentarse como oposición ao PP en todo o Estado español”. “Queremos saber se Pedro Sánchez, Besteiro e Sacristán avalan á actuación do PSOE na Coruña, dificultando a labor de Goberno e a vida de todos os coruñeses e coruñesas”, sentenciou.

O Goberno municipal abrirá agora un período de reflexión para definir como sacar adiante o modificativo de crédito, ou en calquera caso, como se poderán facer fronte ás facturas pendentes, herdadas da anterior etapa. “Xa non sabemos que máis se pode negociar. Imos ver se o PSOE ten vontade de recompoñer a situación”, indicou.

De cara a entrevista que esta xornada o alcalde da Coruña e o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, manterán coa ministra de Fomento, Ana Pastor, Ferreiro explicou que se tratarán temas como a intermodal, os accesos  á Alfonso Molina, Punta Langosteira, ou os terreos do Porto. En canto á posibilidade de que o ministerio aprobe a saída á venta dos peiraos deCalvo Sotelo e Batería, o rexedor manifestou que, “de momento” non posúe comunicación deste
tema por parte do Goberno central. “Esa desafectación de terreos implica unha modificación do planeamento da cidade, xa que eses terreos son de uso portuario na actualidade, e iso é competencia do Concello. Nisto, como noutras cousas, deberíamos ir xuntos, porque se actuamos unilateralmente está claro que non nos imos a entender. Hai que ver por que A Coruña é o único lugar onde non é o Estado o que asume as obras dun porto e se intenta que o financiamento, que debería ser asumido por él, debe ser a cambio de que a fachada marítima da Coruña se vexa perxudicada”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s