Galería

A Concellería de Participación presentará as súas liñas de traballo nun acto plural e aberto a toda cidadanía ao que foi convidado o tecido asociativo da cidade

A Concellería de Participación e Innovación do Concello da Coruña presentará este xoves, nun acto no teatro Rosalía que arrincará ás 19.30 horas, as liñas de actuación que porá en marcha neste mandato municipal. A presentación estará marcada pola
pluralidade, e será aberta ao público: á cidadanía en xeral, ás distintas entidades sociais e a todos os grupos da Corporación municipal. Na mesma intervirán a concelleira de Participación, Claudia

Delso, así como o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Renexeración Urbana, Xiao Varela. Delso explicou que, “na busca de que as liñas de actuación da súa concellería cheguen á maior parte da poboación posible, dende o Goberno local convidouse a todo tecido asociativo da cidade, de distintos ámbitos, a acudir ao acto do Rosalía”. Está prevista a asistencia, ademais, de representantes da Universidade da Coruña (UDC) e de varios concellos, entre eles Ferrol eSantiago.

A concelleira explica que no acto de mañá xoves presentarase a “P orta Aberta , o nome global que se lle dará aos diversos procesos que se activarán na cidade neste ámbito”. O primeiro deles terá que ver coa organización da cidade en distritos, “órganos de especial relevancia para a creación dos futuros orzamentos participativos”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s