Galería

O Concello celebra a Semana Europea da Mobilidade Sostible con actividades para todos os públicos no Obelisco

A Coruña celebra desde hoxe e até o martes que vén a Semana Europea da Mobilidade Sostible, sete xornadas destinadas á concienciación do uso do transporte público nas que desde mañá desenvolveranse actividades programadas para todos os públicos no Obelisco. O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz, salientou a “carga simbólica” da celebración desta Semana “na que se destinan para os peóns carrís de
circulación que adoitan ser utilizados por vehículos privados”. Até o sábado, unha carpa instalada “nun lugar ateigado de historia e tan recoñecido polas veciñas e veciños como é o Obelisco”, segundo sinalou Díaz, acollerá diferentes obradoiros e porá a disposición da cidadanía os mapas ‘Biciminuto’ e ‘Metrominuto’, con tempos e distancias para percorrer A Coruña a pé, e bicicletas de distintos tipos para o seu uso na zona recuperada do tránsito de vehículos.

Todas as veciñas e veciños que visiten a carpa poderán participar obradoiros de reparación de bicicletas e de colocación de carros de carga ou transporte de nenas e nenos. “É unha boa ocasión para descubrir todas as posibilidades que ofrecen as bicicletas máis aló do seu uso para a circulación”, sinalou o concelleiro. A patinaxe en liña tamén contará co seu espazo propio dentro das actividades programadas para fomentar a mobilidade sostible na cidade a través da realización dun obradoiro e dunha zona habilitada para o tránsito sobre rodas.

Na instalación do Obelisco, a Policía Local ofrecerá demostracións de seguridade viaria e invitará as nenas e nenos a poñerse no seu papel e vixiar, dun xeito lúdico, que os peóns circulen de forma segura pola carpa. Pola súa banda, Concellería de Medio Ambiente amosará nesta carpa o funcionamento das estacións de medida de calidade do aire e de ruído, amosando as implicacións ambientais que ten a elección do medio de mobilidade, e a asociación Stop Accidentes explicará ás familias que se acheguen o programa ‘Camiños escolares’, ferramenta para dotar de capacidade as nenas e nenos coruñeses e que poidan trasladarse desde a súa casa até os centros de ensino con seguridade.

O venres terá lugar, ademais, a celebración do Parking Day, “unha iniciativa a nivel mundial na que durante un día a cidadanía ocupa de forma simbólica un espazo público destinado ao uso privado”, explicou Díaz. Unha praza de aparcadoiro xunto ao Obelisco, tinguida de verde, ofrecerá “outro tipo de usos diferentes aos habituais” para todas aquelas veciñas e veciños que queiran achegarse.

 

Charlas nun autobús

As actividades completaranse cun parladoiro no interior dun autobús urbano histórico, un Pegaso da Compañía de Tranvías cedido para a ocasión. Ricado García Mira, psicólogo investigador da UDC, amosará o resultado dos seus estudos sobre como a elección do modo de mobilidade repercute nas capacidades, aptitudes e na conformación da personalidade. O responsable municipal afirmou que esta “reformulación dun elemento do transporte público como foro de encontro será ademais unha oportunidade para achegarse ao pasado”. O autobús estará exposto no Obelisco durante a celebración dos actos da Semana Europea da Mobilidade.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s