Galería

O Concello dará voz aos veciños e veciñas de Novo Mesoiro para decidir o emprazamento do futuro centro escolar do barrio

O Concello escoitará as opinións dos e das residentes en Novo Mesoiro antes de decidir que terreos poñerá a disposición da Xunta de Galicia para a construción dun novo colexio no barrio. O conselleiro de Educación comunicouse no día de hoxe co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, para anunciarlle a decisión do Goberno autonómico de construír un centro de educación infantil e primaria, en cuxa ubicación concreta en terreos municipais o Goberno local comezará traballar en canto se lle sexa remitida a documentación do proxecto.

“A Xunta, despois de marear a perdiz moito tempo e ante a evidencia do novo tempo político que vive A Coruña, decídese por fin a poñer en marcha o que era unha demanda do barrio e de toda a cidade, sen esperar ao ano 2018 como tiña anunciado o Goberno autonómico. Nese sentido, estamos ante un anuncio positivo malia chegar con retraso”, valora a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, quen sinala que o proceso “contará coa participación da veciñanza”, para que “a dotación responda en realidade ás moitas necesidades do barrio”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s