Galería

Rocío Fraga destaca “a solidariedade” dos e das coruñesas, que ofreceron xa unhas 200 prazas particulares de acollemento para persoas asiladas

 

16-09-15 FAMILIAS SIRIAS - ALCALDE

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, destacou este mércores a “vaga de solidariedade” que se está a producir na Coruña ante a traxedia que viven miles de refuxiados e refuxiadas que están a chegar a Europa.  De feito, na última semana, o Concello rexistrou até 63 ofrecementos de particulares, que puxeron á disposición de persoas asiladas preto de 200 prazas de acollemento. A maioría destas achegas foron rexistradas a través do formulario que puxo en marcha o Goberno local na web municipal.

Fraga reuniuse este mércores con membros de varias das familias de orixe siria afincadas dende hai anos na Coruña, que tamén recibiron o saúdo do alcalde, Xulio Ferreiro. “Atopámolos o outro día na manifestación e parecéunos un bo momento para reunirnos e que nos contasen a súa situación”, explicou, á vez que comentou que esta semana, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) púxose en contacto co Concello para solicitarlle datos sobre os recursos que podería poñer a disposición dos e das refuxiadas. “Pedímoslle a este organismo, que é o que vai facer de intermediario coa FEMP, a Xunta e o Ministerio de Exteriores, que nos dea información sobre o número de persoas que van vir á cidade, e sobre todo, cando. Temos que coñecer a temporalidade, saber con que plazos contamos para poder xestionar os nosos recursos”, comentou. “A reunión coas familias sirias da Coruña é moi importante. Moitos deles teñen familiares ou coñecidos en campos de refuxiados ou en cidades de Siria que se poden atopar en situación de risco. Queremos saber se é posible, que se esas persoas así o desexan, poidan vir a esta cidade, na que, desta forma, a súa inserción social sería máis doada”, explicou a edil.

Tras o encontro, os veciños e veciñas de Coruña de orixe siria comprometéronse a facer un listado de en que lugares teñen familiares. “Trasladarémollo á Fegamp para ver se hai posibilidade de facer algo, pero para iso é importante que os organismos competentes neste tema clarifiquen en que condicións xurídicas están previstas as chegadas destas persoas, xa que é fundamental para poder abordar un proceso de inserción social”, dixo. “Resulta complexo pechar acordos ou convenios xa que o que hoxe está dispoñible podería non estalo dentro duns meses”, engadiu Fraga, que insiste na necesidade de que as institucións que xestionarán a chegada de refuxiados e refuxiadas ao Estado concreten datos aos municipios. “Aínda así, dende o Concello seguimos a rexistrar e sistematizar todos os recursos, tanto públicos como privados, dos que dispoñemos, así como abrindo liñas de comunicación con outras entidades, como colexios profesionais, entidades, fundacións…”, comenta.

Os ofrecementos que está a facer a cidadanía son variados. “Hainos de todo tipo, tamén de aportacións económicas que poderiamos canalizar a través de entidades ou a través de convenios con supermercados para poder abordar temas de enseres e alimentación”, explicou a concelleira, que quixo salientar tamén as achegas que están a facer distintos colexios profesionais. “Poñen a disposición destas persoas diversos servizos de forma gratuíta, como asesoramento xurídico, medicina, odontoloxía, psicoloxía ou educación social”, comenta.

Ademais, dos ofrecementos de carácter particular, entidades e institucións tamén están a realizar os seus ofrecementos ao Concello que, á vez, comprométese a poñer a disposición dos e das refuxiadas toda a vivenda municipal dispoñible.  Por outro lado, e como xa avanzou a pasada semana, o Goberno municipal xa se puxo en contacto con diversas entidades benéficas e ONG´s, coa fin de ter
un rexistro completo de todos os recursos que se poderán poñer a disposición dos e das asiladas.
(Entre outras, Padre Rubinos ofreceu unhas 25 prazas nas súas actuais instalacións con todos os
recursos que acompañan un proceso de inserción sociolaboral, ademais de ofrecer as súas vellas
instalacións, que poderían albergar a unhas 75 persoas máis).

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s