Galería

Xulio Ferreiro: “A ministra entendeu que a nosa proposta para A Vedra busca que por fin se recoñeza o que é, unha avenida da cidade”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, fixo na mañá deste mércores balance dos asuntos tratados onte na reunión coa ministra de Fomento, Ana Pastor, entre eles, a proposta municipal para reordenar a avenida da Vedra, cuxa viabilidade técnica estudará o
ministerio nos próximos días. “A proposta implica un cambio para que se recoñeza ao fin o que é a avenida da Vedra: unha avenida da cidade, unha avenida que conecta barrios entre si, como son Someso, o Ofimático, Matogrande ou Elviña”, indicou o rexedor. “Unha realidade que estaría ben recoñecer, e a ministra entendeuno perfectamente”, engadiu Ferreiro, quen considera que o proxecto trasladado desde o Concello “cumpre os obxectivos que hai enriba da mesa en canto a desatascar a
vía”. Tal e como sinalou o alcalde, Fomento deuse uns días para estudar a proposta para, de ser posible, cambiar a existente. “Para modificar, no seu caso, esa proposta, si entenden que sería bo que houbese un consenso na cidade, e nós traballaremos por ese consenso se é posible introducir esa modificación no proxecto”, explicou Ferreiro, que valorou o clima de entendemento da xuntanza de onte en Madrid.

O rexedor subliñou ademais o “compromiso claro do Ministerio de Fomento” para que a parte ferroviaria da estación Intermodal estea rematada en 2018. “A ministra dixo que clarisimamente isto ten que estar rematado en 2018, coincidindo coa chegada do AVE á Coruña; quedaría a parte da intermodalidade, da Xunta e da estacion de autobuses”, indicou Ferreiro, quen tamén salientou a disposición da responsable estatal a formar, a petición do Concello da Coruña, unha mesa a tres bandas coas administracións implicadas, como son Fomento, a través de Adif, a Xunta e o propio
Concello, para estudar o relativo á estación de autobuses. Tamén, o rexedor valorou que se teñan aceptado as propostas do Goberno local ao proxecto da Intermodal en canto a mobilidade, que pasan por abrir a entrada da estación a través da avenida de Arteixo. “Entendemos que é unha solución para o tráfico dos autobuses bastante mellor que a entrada por Salgado Torres, porque iso implicaba, entre outras cousas, un viaduto por enriba das vías do tren que encarecía un proxecto”, expuxo o alcalde, antes de apuntar que esta solución é, ademais, “máis barata” e contribúe á reordenación do espazo urbano da zona da Sardiñeira, ademais de resultar máis efectiva para a mobilidade, tanto para o tráfico como para os autobuses que van entrar na estación.

Na reunión cos responsables de Fomento abordáronse outros temas de interese para a cidade, como é o aeroporto. “Nós temos claro que o aeroporto de Alvedro é fundamental para a cidade; o que lle trasladamos á ministra é que non podemos seguir é nesta lea os tres aeroportos de Galicia para ver quen subvenciona máis ás liñas, porque é unha loita cainita onde ao fin o diñeiro público serve para financiar a unhas empresas que se dedican a xogar con estes localismos para gañar ao mellor postor.
Esa diagnose compártena tanto o ministerio como a Xunta de Galicia, como desde logo o Concello da Coruña, e eu creo que polo menos tamén o Concello de Santiago”, indicou o alcalde da Coruña, quen apostou por traballar de forma conxunta neste eido e emprazou ao Concello de Vigo a unirse a ese traballo “en rede”.

En relación á venda dos terreos portuarios da cidade, Ferreiro trasladou á responsable de Fomento as dúbidas do Goberno local por que a operación serva para axudar a solventar a débeda da Autoridade Portuaria e pediulle “cifras concretas” de previsión da valoración deses terreos, do plan de negocio e de financiamento para o Porto Exterior, para poder estudalas antes de tomar unha decisión. “Trasladámoslle o noso temor a hipotecar urbanisticamente a cidade; ducias de miles de metros cadrados dedicados a usos terciarios en Calvo Sotelo terían un impacto brutal sobre a cidade, sobre o comercio, sobre a actividade económica”, destacou Ferreiro, quen lembrou que o planeamento urbanístico depende do Concello e quen avoga por buscar “ unha solución xuntos para o financiamento do Porto Exterior que non pase por unha burbulla inmobiliaria no centro da cidade”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s