Galería

Daniel Díaz Grandío aposta por “favorecer amobilidade peonil, a ciclista e o transporte público nunha cidade cunha enorme marxe para mellorar neste ámbito”

17-05-15 SEMANA MOBILIDADE

A Coruña acolle a Semana Europea da Mobilidade Sostible, un conxunto de actividades que teñen lugar todos os anos na terceira semana de setembro e que celebran unhas 2.000 cidades en toda a UE, 300 delas no Estado español. O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, declarou este xoves, na presentación dos actos que

conforman este evento, que “a carga simbólica que conleva esta celebración non aporta un ápice de conformismo ao Goberno municipal coa situación do transporte público, así como coa mobilidade ciclista e a peonil na cidade. Temos unha enorme marxe de mellora nun entorno urbano denso e altamente favorable á implantación de medidas de reordenación das prioridades cos diferentes tipos de transporte”.

Este ano, a Semana Europea da Mobilidade xira en torno á “intermodalidade, e os diferentes métodos que ten a cidadanía para afrontar os desprazamentos na súa vida diaria”. Díaz Grandío explicou que, nesta edición, a situación climatolóxica obrigou a cancelar as actividades do día de onte, “aínda que até que finalice a semana restan moitas máis, todas vencelladas coa mobilidade sostible”. O Concello conta para esta Semana da Mobilidade coa colaboración de diversas asociacións e colectivos, como é o caso de Stop Accidentes ou Mobi Liza.

“O lugar escollido para os actos da Semana da Mobilidade é o Obelisco, pola súa carga simbólica como zona de paso. Debido á celebración deste evento recuperaron tres carrís de circulación que habitualmente están ocupados por vehículos privados”, explicou o concelleiro, quen destacou ademais as actividades que terán lugar o venres, o chamado Día do Aparcamento, “un evento que ten lugar en moitas cidades e que se basea en ocupar prazas de aparcamento cunha actividade distinta á habitual, a de estacionamento de vehículos”.

Na presentación ante a prensa da Semana Europea da Mobilidade acompañaron ao concelleiro dous representantes dos colectivos Stop Accidentes e Mobi Liza, Jean Piccard e Francisco García. A primeira explica que a súa asociación puxo en marcha en dez centros educativos un programa para fomentar estre os escolares a seguridade vial. “Tratamos de concienciar a toda a comunidade educativa, dende nenos, até pais e profesores da importancia da educación vial e de adoptar formas de mobilidade alternativas”, explicou Piccard, que agradeceu a iniciativa do Concello da Coruña.

Por outra parte, Francisco García, de Mobi Liza destacou que é necesario reducir “o nivel de tráfico, así como a velocidade nas cidades” para que os cidadáns empreguen máis outros sistemas de mobilidade como a bicicleta. “A nosa asociación trata, entre outras actividades, de formar aos ciclousuarios para que teñan máis seguridade, e saiban como sinalizar e respectar as normas de tráfico”, comentou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s