Galería

Claudia Delso: “O manual de instrucións da Coruña xa non serve, hai que comezar a crear outro novo, pero agora con toda a cidadanía”

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, presentou esta mañá, no seu despacho, ante a prensa, as liñas básicas do que será A Porta Aberta, o nome común dos moitos procesos participativos que se abrirán nesta lexislatura e que servirá para que toda a cidadanía “poida participar no proceso de toma de decisións municipais a través de mecanismos estables”. “Imos abrir unha porta que vai quedar aberta, para que toda a veciñanza poida participar nestes asuntos que lles afectan”, comentou. “O manual de instrucións da Coruña xa non serve, queremos comezar a facer un novo manual, pero coa cidadanía”, resumiu. “É un novo proceso de aprendizaxe que non culmina nun día, todas as partes aprendemos unhas doutras, pero o fundamental é que todas as voces poidan ser escoitadas. Un proceso a longo prazo que temos que facer xuntas Concello e cidadanía”, engadiu.

Este xoves, ás 19.30 horas, no Teatro Rosalía, terá lugar un encontro no que a concellería dirixida por Delso presentará ante toda a cidadanía que se achegue o novo camiño e as novas políticas que pretende introducir dende o Goberno municipal. “Non estamos sós neste camiño, cooperamos con outras cidades e territorios que están poñendo en marcha experiencias similares, pero a cidadanía da Coruña será a que defina os ritmos e as ferramentas que imos activar”, indicou a edil no almorzo que mantivo coa prensa. Na presentación desta tarde, aberta ao público e á que foi convidada toda a Corporación municipal e o groso do tecido asociativo da cidade, intervirán, ademais de Delso, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela.

O primeiro proceso participativo que activará o Goberno municipal, e que será explicado no acto desta tarde, atinxe á organización da cidade en distritos, “órganos territoriais de especial relevancia e que serán fundamentais cara aos Orzamentos Participativos”. A primeira fase deste proceso arrincará o próximo día 22, e durará até o mes de decembro. A concellería levará a cabo 27 encontros abertas a todos os veciños e veciñas da cidade, e desenvolverá, á vez, un espazo de participación on line, coa finalidade de que este proceso sexa o máis inclusivo posible e a cidadanía poida participar dende a casa.

“A Coruña réxese pola normativa para grandes cidades; a Lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno local indica que a política municipal debe ser máis participada, e debe existir unha descentralización de órganos, que precisamente son os distritos. “Imos comezar a abordar un proceso participativo con varias fases. Na primeira, queremos facer unha posta en común coa cidadanía para que participe na toma de decisión e nos axude a delimitar, coa súa opinión, onde están os límites dos barrios e dos distritos na nosa cidade”, comentou. “Ademais, reflexionarase sobre as competencias que terán estes órganos, como funcionarán, tamén serán decididas coa participación da cidadanía, todo o que queira opinar poderá facelo”, dixo.

Delso quixo salientar que todos os procesos participativos que se activen terán unha metodoloxía propia que garantan a inclusión de toda a cidadanía. Nomeadamente, no proceso que agora se abre para analizar a organización municipal en distritos, a cidadanía poderá participar de forma presencial, nos actos que se levarán a cabo en centros cívicos ou outros espazos de cada barrio, “pero tamén de xeito o n line ”. Ademais, a través da web da Concellería, que se dará a coñecer esta tarde, todos e todas os que o desexen poderán consultar toda a documentación sobre o proceso,
inscribirse e ver a listaxe de encontros e participar o n line a partir da semana que vén. “Toda a información que reunamos será pública e compartida con toda a cidadanía nun foro cidadán aberto, que se realizará a final de ano”, resolveu a concelleira.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s