Galería

O alcalde defende a educación pública na súa conferencia no IES Puga Ramón, o instituto onde estudou

20150917 ALCALDE- CONFERENCIA- IES PUGA RAMÓN 2

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, defendeu na mañá deste xoves a importancia da educación pública ante os alumnos e alumnas do instituto Puga Ramón, no que o rexedor estudou hai algo máis de vinte anos, e ao que hoxe volveu para dar a conferencia inaugural do curso académico. “Nos momentos nos que estamos, nos que todo se mide co diñeiro, parece que aquelas familias que non teñen esa capacidade económica deben renunciar ao que eran conquistas sociais e cuestións que a nosa cultura tiña completamente asumidas, como que o dereito á educación é un dereito universal ou que todos e todas temos dereito a unha educación de calidade, sen que se nos discrimine a unha certa idade entre os que valen e os que non valen, ou sen que se
nos diga que uns teñen que ser man de obra barata e outros poden ir á Universidade porque son uns privilexiados. Iso que tiñamos tan claro na nosa conciencia, hoxe lamentablemente xa non é así. Temos un perigo claro de que isto deixe de pasar”, alertou Ferreiro, que chamou ao alumnado a “tomar conciencia da importancia que teñen os centros de educación pública para crear unha sociedade máis xusta, unha sociedade máis igual e onde a igualdade de oportunidades sexa real”.

“Anímovos a que tomedes conciencia e a que non o esquezades alí onde vos leve o voso futuro”, emprazounos. “Este instituto cumpre a función que calquera dotación pública ten que ter, porque permite a moitos e moitas de nós facer o que doutro xeito non teríamos opción, como acceder a unha carreira universitaria”, expuxo o alcalde, e lembrou que el foi a primeira persoa da súa familia en chegar á Universidade.

“Isto pasou porque existe un instituto público e porque existe unha Universidade pública”, salientou, poñendo en valor os coñecementos e valores que acadou durante os seus
estudos secundarios; recursos que, segundo expuxo, posibilitan que non só as persoas que dispoñen de recursos económicos “puidésemos facer unha carreira profesional máis ou menos exitosa e ter a oportunidade, formación e capacidade para poñerlle cara a un proxecto político que, neste caso, nos permitiu acadar, seguramente con sorpresa pero tamén con ilusión, o Goberno municipal desta cidade”.

Ferreiro aderezou as súas palabras con constantes referencias ao profesorado do centro, que en boa medida coincide co da súa época. Tamén respondeu a varias preguntas do alumnado durante un acto que cualificou “de moi emocionante” e no que estivo acompañado pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s