Galería

O Concello lembra que xa está a tratar con Fomento o futuro dos terreos portuarios polo que “sería desexable que se evitasen interferencias”

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, lembrou este venres que o Concello da Coruña “non é o responsable da xestión económica límite pola que pasa a Autoridade Portuaria” e salientou que o Concello coruñés xa está a tratar directamente co ministerio de Fomento sobre o futuro dos terreos, polo que “sería desexable que se evitasen interferencias no proceso e se afondase no diálogo, tal e como defendemos desde o Goberno local”.

Así mesmo, o responsable municipal volveu recordar que o Goberno local aposta por que os terreos se poñan a disposición da cidadanía, “lonxe da mentalidade caduca da burbulla inmobiliaria que reinaba en 2004 pero que xa non ten vixencia na actualidade”. “Desde a Autoridade Portuaria deberían apostar por solucións e polo interese xeral, non por sementar discordia con declaracións públicas pouco afortunadas”, finaliza Varela.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s