Galería

A Sala O Túnel acollerá o venres 25 unha nova edición do Festival Solidario Coruña en Directo

Volve o Festival Solidario Coruña en Directo. Con esta, son oito as edicións do maratón musical que ofrecerán as bandas dos Locais de Ensaio a prol de institucións sociais da cidade. Nesta ocasión o concerto, a beneficio da Cociña Económica, terá lugar na sala O Túnel o vindeiro venres, día 25 de setembro, ás 20.00 horas.

Entre as agrupacións que forman parte de Locais de Ensaio, programa da Concellería de Participación e Innovación Democrática, atópanse formacións musicais con bagaxe como After All, Avézar, Us In the Mirror, Breathing Loud e Hateout. As bandas compartirán cartel con grupos que subirán por vez primeira ao escenario deste festival, como Harakiris, Psychoducks ou The Lemonade Society.

O evento solidario contará co actor coruñés Daniel Currás como mestre de cerimonia. A entrada ao concerto será con invitación e unha doazón de 3 quilogramos ou litros de alimentos non perecedoiros que serán entregados ao acceso a Sala O Túnel. Os convites poderán retirarse esta semana no Centro Municipal de Información Xuvenil e nos propios Locais de Ensaio. No caso de non esgotarse, poderán retirarse o mesmo día 25 no acceso á sala, até completar a súa capacidade.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s