Galería

A Coruña quere levar o dereito humano á auga a toda a súa xestión

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo un encontro esta mañá coa Asociación de Operadores Públicos de Auga e Saneamento (AEOPAS), á que pertence entre outras Emalcsa, para analizar unha iniciativa desta organización que busca acadar un Pacto Social Pola Auga Pública. “Debemos levar a implementación do dereito humano á auga a toda a cidade. Non só debemos xestionar este servizo correctamente dende o punto de vista económico, tamén dende unha óptica social e ambiental”, declarou o rexedor.

A busca deste Pacto Social pola Auga Pública ampárase nunha serie de normativas europeas que defenden que a auga debe ser un ben público. A Asemblea Xeral de Nacións Unidas recoñece que a auga é “un dereito humano de carácter esencial”, cuxo acceso debe ser garantido ás persoas, mentres que o Pleno da Eurocámara vén de aprobar este setembro a iniciativa cidadá Right2Water, que busca asegurar que toda a cidadanía teña dereito á auga e o saneamento, deixando claro que “non debe tratarse como un elemento comercial”.

Na reunión, tanto o alcalde como AEOPAS analizaron os diversos modelos de xestión da auga que están implantándose noutras cidades europeas, como Berlín ou París, e que están adoptando modelos máis centrados nos valores que na economía de mercado.

Entre outros aspectos, o Pacto Social pola Auga Pública quere asegurar para toda a poboación unha dotación mínima por persoa e día de entre 60 e 100 litros, “incluso en caso de impago”. Tamén sostén que “a xestión do ciclo integral da auga pode e debe ser un xacemento importante para a xeneración de novos empregos”. Este Pacto Social pola Auga tamén foi presentado noutras cidades de Catalunya, País Vasco, CastillaLa Mancha, Madrid e Andalucía, así como en Ferrol, Avilés ou Gijón.

“O pacto é moito máis que lograr que a xestión da auga sexa pública, é xestionar o servizo como dereito cidadán, individual e colectivo. A veciñanza non pode ser un cliente cautivo, nin se lle pode cortar a billa a unha familia con dificultades económicas”, manifestaron os representantes de AEOPAS, ao término da reunión.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s