Galería

A premiada proposta El Eunuco abre a fin de semana no Teatro Colón

Este venres 25 chega ao Teatro Colón ‘El Eunuco’ unha versión musical da comedia de Terencio producida polo Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida, Mixtolobo, Labasca 64 e Ciclán. Unha versión sing-along da película ‘Grease’ o sábado 26 ás 20:30 horas e o espectáculo do mago Paulino Gil ‘Chequín’ o domingo 27 ás 19:00 horas completan a programación desta semana.

‘El Eunuco’ promete risas e vén avalada pola crítica, o éxito de público e os premios obtidos en distintos festivais e certames. A obra dirixida por Pep Antón Gómez recibiu en 2014 o Premio Ceres Juventud para María Ordóñez, o premio Ceres do público ao mellor espectáculo, o premio do público a mellor espectáculo no Festival de San Javier e o Premio MAX 2015 a mellor actor de reparto para Pepón Nieto.

A obra narra con ton de vodevil as artimañas dunha cortesá pola que compiten dous galáns. Anabel Alonso, Marta Fernández Muro, Jorge Calvo, Antonio Pagudo, Pepón Nieto, Jordi Vidal, María Ordóñez, Alejo Sauras e Eduardo Mayo son os protagonistas desta comedia, que conta tamén coa participación de Chevy Muraday como coreógrafo e de Asier Etxeandía e Tao Gutiérrez como compositores musicais.

Cine con animación e o mellor espectáculo de maxia no Wordl Street Magic Festival de Alemaña

O sábado 26 ás 20:30 horas o Teatro Colón acolle o seu primeiro sing-along, un formato no que se proxectan películas musicais coas cancións subtituladas e animación en directo para que o público interprete as letras e as coreografías. Nesta ocasión a película escollida é Grease, un clásico de Randal Kleiser que consolidou a John Travolta e a Olivia Newton-John e que obtivo uns beneficios de máis de 200 millóns de dólares en todo o mundo. O público coruñés poderá interpretar temas ‘Summer Nights’ ou ‘Hopelessly Devoted to You’.

O domingo 27 de setembro ás 19:00 horas o mago Paulino Gil ofreceranos un marabilloso espectáculo para toda a familia, polo que recibiu o premio ao mellor espectáculo de maxia na edición de 2014 do World Street Magic Festival de Alemaña.

Baixo o título de ‘Chequín’ narra a historia de Leonardo, un máxico viaxeiro que chega ao Hotel Extravaganza, onde o espera un singular recepcionista chamado Mirilla, co que vivirá unha gran aventura.

‘Chequín’ debe o seu título a unha palabra inspirada na expresión Check-in, que fai referencia ao rexistro de entrada nun hotel, aínda que neste caso os espectadores entrarán nun lugar no que o imposible se fará realidade.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s