Galería

O Concello estuda os mecanismos para que a xestión do futuro polideportivo do Castrillón sexa pública

20150921 VARELA- SANDE- CASTRILLÓN 1

Os concelleiros de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, visitaron na mañá deste luns as obras dos equipamentos deportivos do Castrillón, “un proxecto herdado do anterior Goberno local” que, como sinalou Varela, “está intentando mellorarse en todo o posible, tanto no
que se refire ao edificio como aos mecanismos de xestión”. Dentro desas melloras, e tal e como avanzou o responsable municipal, o Concello está a estudar a viabilidade de que o sistema de xestión das instalacións sexa público e non privado, como plantexaba o anterior equipo de Goberno. “Imos avaliar os mecanismos, a nosa intención e que a xestión poida ser pública”, indicou Varela.

O concelleiro de Rexeneración Urbana adiantou tamén que os traballos de construción do polideportivo retomaranse o próximo mes de outubro despois de acordar coa promotora unha serie de melloras que abranguen desde a urbanización da contorna do complexo con máis árbores, mobiliario urbano ou accesos “máis amables” e con marquesiñas na zona da entradaata cambios no edificio, como a unificación do andar deportivo a un único nivel, en lugar de dous como tiña de forma inicial, que servirán para mellorar a súa accesibilidade. Segundo salientou Varela, a construción do edificio estará rematada no primeiro trimestre do 2016, tal como estaba fixado, mentres o acondicionamento das instalacións deportivas dependerá da forma de xestión pola que se opte, aínda que dentro dos prazos marcados.

Unha vez rematada a visita técnica desta mañá, o concelleiro de Rexeneración Urbana reuniuse con representantes da asociación veciñal do CastrillónUrbanización Soto IAR para explicar o desenvolvemento do proxecto. “O noso compromiso co barrio é total”, subliñou Varela nese encontro.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s