Galería

Xulio Ferreiro: “Algunhas cidades negámonos a participar nunha estrutura, a FEMP, submisa aos ditados do Goberno central”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, explicou na mañá deste luns a súa postura durante o Pleno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que
o pasado sábado deulle a presidencia do organismo ao rexedor de Vigo, Abel Caballero, nunha votación na que Ferreiro optou pola abstención. “Houbo unha serie de cidades, como Madrid, Barcelona, Santiago, Ferrol, Cádiz, Zaragoza ou A Coruña, que decidimos que non iamos participar nunha estrutura pensada só para o reparto de poder dos dous grandes partidos, e onde a outros partidos se lles deixa algún posto simbólico”, expuxo o alcalde coruñés, asinante, xunto aos dirixentes doutras sete cidades do Estado, dun comunicado onde se demanda un “cambio profundo nos órganos de representación da FEMP”.

Ferreiro cualifica ao organismo estatal como “unha estrutura que, nos últimos anos, foi
absolutamente submisa aos ditados do Goberno central, de cerceamento da autonomía municipal e das posibilidades das facendas locais”, unha visión que explica a postura da Coruña no Pleno do sábado. “Aínda que se nos ofreceu a este conxunto de cidades a posibilidade de estar aí, todas xuntas decidimos que nós imos traballar doutro xeito. Se se nos deixa, estaremos nas comisións, para ver o traballo que fan, pero desde logo o que non quixemos foi participar desa estrutura”, sinalou o alcalde.

Por outra parte, Ferreiro fixo unha primeira avaliación dos primeiros cen días no Concello. “Nós tiñamos un compromiso de poñer en marcha as 25 medidas nos 100 primeiros días de goberno e ese obxectivo está cumprido ao 90%”, indicou. “Iniciamos o camiño, que é ao que nos comprometemos. Se a erradicación dos asentamentos precarios estaba entre as 25 medidas non era para rematar con eles en 100 días, xa que este sería un obxectivo irrealizable, pero si para deseñar un plan e o plan está sendo deseñado nestes momentos”, exemplificou, antes de cualificar como “moi positivo” o seguimento que se está a facer do programa electoral. “Marcámonos a nós mesmos unha axenda esixente para meternos presión e non despistarnos e, ao mesmo tempo, para que a xente poida comprobar o que estamos facendo: se estamos cumprindo o programa ou non. É algo sen precedentes, nunca vin que un goberno fose sometido a un chequeo tan minucioso sobre o cumprimento do seu programa e isto ten que ver, tamén, coas novas formas de facer política”, valorou.

Ademais, Ferreiro avanzou esta mañá que ao longo da semana tentará retomar as conversas co grupo municipal do PSOE. “Quero pensar que podemos reconducir a situación”, apuntou o rexedor da Coruña, que convida aos socialistas a traballar para “facilitar políticas novas, políticas de progreso e sociais”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s