Galería

Xulio Ferreiro: “Temos palabra: das 25 medidas que comprometeu este Goberno, a metade cumpríronse e outras están en marcha”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, fixo este martes un balance dos primeiros 100 días de Goberno nun acto no Hotel Finisterre organizado por Nueva Economía Fórum . O rexedor recordou que en campaña, o grupo que sustenta o Executivo coruñés confeccionou un programa “realista e asumible” composto por 99 medidas, das cales 25 activaríanse nos primeiros 100 días de mandato. “Máis da metade dos compromisos están xa cumpridos e outros están en marcha, a piques de estalo”, indicou, á vez que manifestou que “unha das grandes conquistas que introduciu o novo tempo político que

se abriu na cidade é precisamente que hoxe estamos aquí, avaliando o cumprimento do programa”. “Sabemos que temos a confianza da maioría social, pero tamén sabemos que as cousas non se cambian nun día, o rumbo do P restige non se cambia nun día; a metáfora non é inocente, aquí, como no Prestige cada decisión conta”, engadiu.

Ferreiro recordou que o seu Goberno propuxo un “contrato, un código ético á cidadanía, que di que se incumprimos de forma reiterada e sen xustificación o programa electoral, a xente poderá botarnos, de maneira tan sinxela, como nos votou no proceso de primarias que abrimos”. “Pese a quen lle pese temos palabra, e cremos que se viu dende o primeiro día,
cunha das nosas primeiras decisións, que foi a de separar a institución civil da relixión”, explicou o alcalde, que tamén citou entre os compromisos cumpridos nesta primeira etapa de Goberno a activación do escano cidadán no Pleno do Concello da Coruña, así como a posta en marcha de numerosas medidas de “transparencia”, como a publicación da declaración de
bens e IRPF dos membros do Goberno municipal e a limitación salarial do Executivo.

“Cando falamos de novas formas de facer política, estamos a referirnos a isto, a ofrecer unha lupa para que todos e todas poidan analizar o noso traballo”, indicou, á vez que enumerou outros compromisos acadados, como o de facilitar “a presenza da oposición nas mesas de contratación, órganos colexiados de mesmo na Xunta de Goberno local”. “Tamén estamos a levar a cabo un control das concesións municipais que xa tivo resultados, como a recolocación dos traballadores despedidos pola empresa que leva o mantemento da rede semafórica da cidade”, indicou Ferreiro. A revisión das licenzas das obras da Mariña, para asegurar a súa legalidade, o fin do apoio público ás touradas, a posta en marcha dun proceso participativo coa cidadanía para reorganizar a cidade en distritos, a paralización dos desafiuzamentos de entidades bancarias ou o fomento do pequeno comercio son outras das medidas ás que se referiu o alcalde. “A revisión dos acordos de Someso, a solicitude ao
Estado da cesión dos terreos da Mariña, ou abordar o tema, directamente con Fomento, da reordenación da fachada marítima da Coruña, ademais de poñer en marcha medidas medioambientais e de mobilidade, como as de control de talas, ou o relanzamento do carrilbici”, expuxo tamén.

Por outro lado, o rexedor coruñés tamén repasou os compromisos do Goberno municipal que, a piques de cumprirse os primeiros 100 días de mandato, están xa impulsados e “a piques de ser cumpridos”. “O vindeiro luns convocaremos a todos os axentes sociais para trasladarlles a nova proposta de Plan de Emprego, mentres que a Renda Social Municipal está xa en mans de Intervención e da Asesoría Xurídica e xa foi contrastada coas traballadoras sociais do Concello”, dixo, á vez que anunciou que a previsión é que nunhas dúas semanas o borrador desta medida poida ser remitida aos grupos da oposición para que realicen as súas achegas. “Elaboramos xa un primeiro borrador do Plan para a Erradicación dos Asentamentos
Precarios, pero os primeiros en coñecelo serán os veciños e veciñas destes asentamentos, cando asinemos un contrato de responsabilidade compartida”, dixo Ferreiro, que tamén informou de que as ordenanzas fiscais e futuras rebaixas están sendo informadas pola oficina tributaria.

Neste balance da primeira etapa de Goberno, Ferreiro destacou a importancia de “poñer á Coruña no mapa”. “Se ao final deste mandato non fomos capaces de renovar xuntos a esta cidade, a veciñanza pedirá explicacións, pero non só a nós, senón a todos os axentes implicados”, explicou, á vez que pediu tanto a oposición, como ao resto de institucións, nomeadamente á Xunta e ao Goberno central, “colaboración leal”. “Hai que actuar non en base a criterios partidistas, senón pensando sempre no ben de veciños e veciñas”, insistiu. “A Coruña debe converterse nun referente político, económico e social nos próximos anos. Como no P restige , cada decisión conta. É o momento de tomar as decisións que redefinan o rumbo desta cidade, de conseguir unha que mereza ser vivida por todos e por todas”, proclamou o alcalde coruñés.

A este respecto, Ferreiro salientou unha serie de temas fundamentais para o desenvolvemento do municipio, que precisan da colaboración de todos e todas. “Temos que definir como queremos que sexa esta cidade, se queremos que A Vedra sexa unha avenida urbana, se queremos recuperar a fachada marítima da Coruña como algo propio ou se pola conta o que queremos nese terreo son máis aproveitamentos urbanísticos dentro dun municipio que aínda conta con 20.000 vivendas baleiras”, explicou. “A Coruña debe converterse nun referente en innovación, e debe ser tamén unha cidade refuxio, non só para aqueles que están sendo obrigados a marchar do seu territorio e viven un auténtico calvario nos límites de Europa, senón tamén para todos os veciños e veciñas. Non poderemos estar contentos se unha parte da cidadanía non ten todas as súas necesidades atendidas”, explicou.

O primeiro edil coruñés tamén indicou que un dos retos da cidade é ter unha maior vocación metropolitana “non só para os servizos”, así como “aproveitar as potencialidades da cidade, e especialmente a súa universidade, para xerar máis emprego”. “Non podemos crear emprego abaratando, devaluando as condicións de traballo dos veciños e veciñas, senón explotando as potencialidades da cidade”, argumentou. Nese repaso aos urbes, de Galicia e do Estado español, como é o caso de Madrid, Barcelona, Zaragoza ou Cádiz. “Puxemos en marcha procesos de participación de forma conxunta, para
queprimeiros 100 días de Goberno municipal, o alcalde tamén quixo destacar a importancia da colaboración con outras grandes cidades para que podamos aprender unhas doutras ou para poder participar en procesos europeos de forma conxunta”, dixo.

“Estes primeiros 100 días de Goberno foron un desafío. Chegamos a María Pita coa mochila baleira, sen a necesidade de pagarlle peaxes a ninguén e sen que ningún poder nos marque a axenda”, resumiu Ferreiro, quen apuntou tamén a que o Executivo local atopouse con “liñas de tensión alleas aos intereses de Coruña e da cidadanía”. “Hai moitos retos por diante e
ademais, hai que facer fronte a unha serie de déficits que veñen de loxe, xa non só da anterior corporación, senón de hai 10 ou 15 anos”, apuntou.

“Sabemos que temos a confianza da maioría social, pero tamén sabemos que un ritmo de décadas non se pode enderezar en 100 días, pero estamos a poñer en marcha iniciativas que terán repercusión a medio e a longo prazo. Neste tempo xa conseguimos moitas cousas, aínda que os veciños e veciñas son conscientes de que de que as cousas non se amañan nun día”, resumiu o alcalde da Coruña, que fixo fincapé en que o novo Goberno municipal “abriu un candado simbólico” dentro do Concello. “Hai que escoitar a todo o mundo. Nestas primeiras semanas de Goberno tiven máis de 500 entrevistas.

Escoitei moitas veces frases como ‘ningún alcalde estivo antes aquí’ ou ‘nunca nos recibiu ningún Goberno’. Abrimos as portas a todo o mundo, e aquelas entidades que xa as tiñan, non as atoparon agora pechadas. Non cambiamos os interlocutores, só os ampliamos”, explicou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s