Galería

O alcalde da Coruña avanza que a intención do Goberno municipal é que o ‘Día do Rosario’ sexa festivo local o próximo ano

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, avanzou este martes nunha entrevista radiofónica que a “intención” do Goberno municipal é que o 7 de Outubro de 2016, o ‘Día do Rosario’, sexa festivo local. O feito de que a Xunta de Galicia decidise que o próximo ano, o 24 de xuño, San Xoán, sexa festa en toda a comunidade, obrigaba ao Concello a buscar una alternativa. “Onte puiden poñerme en contacto cos grupos da oposición para trasladarlle a nosa intención. O PSOE xa manifestou o seu apoio, e o PP dixo que o comunicará en breve, aínda que polas súas declaracións na prensa entendemos que tamén será positivo”, explicou o rexedor.

En declaracións a C ope Coruña , Ferreiro explicou que o Concello “non é xordo ás peticións dos veciños e veciñas”. “Tiñamos 10.000 firmas enriba da mesa a favor de que o 7 de Outubro fose festivo o ano que vén e, por outro lado, esta foi a única petición popular que se nos trasladou”, comentou. A decisión final do segundo festivo local do próximo ano o outro será o Martes de Entroidoirá á Xunta de Goberno local deste venres. Con todo, o goberno local manterá a súa decisión de defender a neutralidade relixiosa dunha institución democrática e os seus edís non participarán en ningún acto relixioso relacionado coa Virxe do Rosario.

Por outro lado, e a preguntas dos oíntes, o alcalde da Coruña reafirmou o “compromiso do Goberno municipal coas carreiras populares, que incluso se potenciarán máis”. De feito, o rexedor explicou que se estuda a organización dunha nova na zona do Parque de Bens. Do mesmo xeito, Ferreiro recordou a intención do Concello de revisar as liñas e as tarifas do autobús urbano. “É precisa unha reordenación neste sentido, xa que non se pode manter o mesmo deseño de liñas de hai 20 anos. Ademais, hai que revisar o volume de subvencións que recibe a empresa ano tras ano, mentres que consegue unha beneficios que superan en moito aos habituais para unha concesionaria dun servizo púiblico”, recordou Ferreiro.

Por outro lado, o alcalde coruñés tamén insistiu na necesidade de remodelar o sistema aeroportuario galego e retomar as conversas neste senso coa Xunta de Galicia e cos concellos que tamén teñen terminal. “Hai moitas liñas rentables pero, á marxe disto, é necesario facer as cousas de xeito coordinado e non con decisións individuais de cada cidade. Entendemos que hai vontade por parte de Compostela, e esperamos que tamén a haxa por parte do alcalde de Vigo, e que non decida seguir a facer deste tema un conflicto localista”, puntualizou.

Na entrevista, o primeiro edil coruñés fixo balance dos primeiros 100 días de Goberno
municipal, aos que cualificou de “intensos e positivos”. “Foi un período especialmente
intenso, pero cremos que a percepción da cidade é boa”, explicou, á vez que recordou que “o Goberno municipal cumpriu a súa palabra” xa que puxo en marcha a maioría das 25 medidas comprometidas na campaña electoral. Á vez, tamén destacou a intención do Executivo local de que a cidadanía participe nos grandes asuntos da Coruña. “Cremos que abrir portas é unha demanda social e que as grandes decisións temos que tomalas entre todos e todas e iso é o que estamos a potenciar, sen renunciar a emprender determinadas iniciativas desde o goberno”, comentou, á vez que fixo fincapé na boa acollida que está a ter o proceso participativo para que a veciñanza, xunto co Concello, decida os límites dos distritos urbanos, decisivos para a articulación, nun futuro, de orzamentos participativos.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s