O Aquarium Finisterrae acolle desde mañá, xoves 24, actividades do proxecto europeo ‘Sea for Society’

Desde mañá e até o 29 de setembro terán lugar na Coruña as actividades de mobilización cidadá do proxecto europeo ‘Sea for S ociety’, liderado no Estado polo
Aquarium F inisterrae. ‘Sea for Society’ é un programa da Comisión Europa que reúne a un consorcio 11 países, formado por institutos de investigación, axencias, museos de ciencia e acuarios ou organizacións da sociedade civil que ten como obxectivo compartir coñecemento, forxar alianzas e habilitar actores sociais en asuntos relacionados co Océano. As actividades, enmarcadas na celebración do Festival Mar de Mares, serán as seguintes:

 

.- Desde o 24 de setembro. C idade azul . Arte na rúa cos colectivos B asurama e Hábitat Social. Dúas instalacións artísticas en dúas localizacións explanada do Parrote e diversos puntos do perímetro da cidadeexplorarán a relación da Coruña co mar.

.- 24 ao 29 setembro. Un día coas xentes do mar. Encontros con profesionais do mar, oceanógrafos, percebeiro, mergulladora e peixeira, en dous centros escolares de Primaria e dous centros de Secundaria da Coruña.

.- 26 de setembro. Safari fotográfico: A Coruña e o Mar. O fotógrafo coruñés Amador L orenzo acompaña a 15 participantes nun percorrido no que se visualice o vínculo entre a cidade e o mar, lonxa, mercados, barrios de pescadores, comercios…

.- 26 de setembro. Revelacións mareantes á mesa dun bar. Un encontro distendido con formato caféteatro no que as biólogas do I EO Dolores G arabana e Paz S ampedro, e o actor Vicente Mohedano mostrarán como o océano inflúe nas nosas vidas nun diálogo concorrido e pouco ortodoxo. No Aquarium Finisterrae ás 19.30 horas.

.- Do 24 de setembro ao 29 de novembro. A rte azul. Encontros artísticos en establecementos do barrio da Peixaría que promoven a reflexión sobre o mar e a súa importancia nas nosas vidas.

.- 13 de novembro. S torytelling : reinos de coral e imperios de xeo. O fotógrafo de National Geographic David D oubilet fará un percorrido visual polas historias publicadas nas revistas. 19.30 horas, na Domus .

.- 14 de novembro. O bradoiro de fotografía submarina : execución, produción e edición dunha reportaxe baixo o mar. Impartido por David Doubilet e Jennifer Hayes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s