Galería

A Praza de Millán Astray pasará a chamarse Praza das Atochas o próximo 8 de outubro, cun acto que dará comezo á aplicación total da Lei de Memoria no rueiro da cidade

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou este xoves, nunha entrevista en R adio Coruña , que o vindeiro día 8 de Outubro o Concello celebrará un acto que consistirá no cambio de nome da Praza de Millán Astray, que pasará a ser denominada Praza das Atochas, coa fin de dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica. Segundo explicou o rexedor, o cambio de denominación xa foi aprobado en Pleno municipal no ano 2009, aínda que nunca se levou a cabo de forma efectiva. Con esta inauguración, que precederá a outras máis, darase comezo á aplicación da lei no rueiro da cidade. “O certo é que oficialmente, hai moitas rúas na Coruña que hoxe en día están sen nome, xa que se lles foi retirada a anterior denominación en base ao cumprimento desta normativa, pero nunca se lles deu outro de forma oficial”.

O Goberno municipal comeza a cumprir así co seu anuncio de aplicar ao cen por cen na
cidade a Lei de Memoria Histórica, que entre outras cuestións pasa pola retirada dos símbolos franquistas causando sempre “o menor prexuízo posible á cidadanía”. Máis alá da retirada da simboloxía, o Concello porá en marcha este outono a ‘Primavera da Memoria’ cunha serie de actos que buscan a reparación das vítimas do franquismo.

Por outro lado, na entrevista radiofónica, o alcalde solicitou aos grupos da oposición que “deixen a un lado os tacticismos electorais” á hora de negociar cuestións de interese para os veciños e veciñas da cidade. Segundo expresou Ferreiro, “o feito de estar en precampaña das xerais nótase” na maioría das formacións presentes na Corporación Municipal. “Agás o grupo de Goberno, que non se presenta a ningún proceso electoral, as demais formacións teñen a mirada posta nas xerais”, comentou o primeiro edil coruñés. A este respecto manifestou a importancia de deixar de pensar en “clave electoral” para poder sacar adiante medidas necesarias como a aprobación do modificativo de crédito, co que se poderá facer fronte ás facturas impagadas do anterior Executivo. “Hai 2,5 millóns de euros en facturas pendentes do anterior Goberno que me preocupan especialmente, porque significa que hai moitos pequenos
e medianos empresarios que levan moitísimo tempo esperando a cobrar. Preocúpame que a xente estea sen cobrar por algo tan básico como non ser capaz de chegar a acordo”, explicou, á vez que recordou que o Executivo local tiña chegado a un acordo co PSOE, que finalmente, votou en contra no último Pleno. “Fixemos moitas concesións co grupo socialista para chegar a un acordo, polo que lle corresponde a el explicar por que decidiu, ao final, votar en contra”, declarou.

Ferreiro insistiu na necesidade que os grupos que conforman o arco municipal estean abertos a chegar a acordos “polo ben da cidadanía”, necesarios, por exemplo, “para ampliar a plantilla de servizos sociais, que é algo moi necesario, xa que debido as numerosas peticións asistenciais, os e as empregadas municipais quédanse curtos”.

Por outro lado, e con respecto aos terreos no Porto que serán desafectados, o rexedor insistiu na necesidade de que “a cidadanía da Coruña recupere este espazo”. “Cremos que é necesario crear zonas de esparcemento, que volva a ser un espazo para a veciñanza, como o era hai moitos anos, antes de que se pechase ao público. Cremos que hipotecar a fachada marítima da cidade non vai a solucionar os problemas de financiación do Porto Exterior”, indicou Ferreiro.

“Na entrevista que mantivemos coa ministra de Fomento, Ana Pastor, solicitámoslle
que nos dea unha valoración realista de canto custan estes terreos… xa temos un centro comercial no centro da cidade que non funciona, e hai 20.00 vivendas baleiras, e non cremos que iso sirva para arranxar o problema de Langosteira”, insistiu, á vez que explicou: “Isto non significa que non apoiemos o Porto Exterior, xa que despois da cantidade de millóns invertidos xa non ten moito sentido poñerse a debatir sobre a súa necesidade ou non. Aínda así, creo que é necesario coñecer o Plan de Negocio do Porto e saber porque existen outras cidades onde non é necesario hipotecarse desta forma para conseguir financiamento”, comentou.

Na entrevista, Ferreiro tamén falou da proposta de humanización de Alfonso Molina remitida ao Ministerio de Fomento. “Nós non plantexamos que se reduza un carril, de feito mantemos ideas da actual reforma, pero cremos que non se debe priorizar unha forma de mobilidade pola que xa non se aposta en ningunha cidade europea. Non queremos convertir isto nun debate partidista”, opinou. A este respecto, o alcalde insistiu no compromiso do Goberno municipal de fomentar o transporte público, así como abordar melloras de mobilidade na zona de Oza á Ponte da Pasaxe.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s