Galería

O alcalde da Coruña presenta a Semana de Prevención de Incendios “para chegar a todos os fogares da cidade”

20150925 ALCALDE- PRESENTACIÓN X SEMANA DA PREVENCIÓN 2

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presentou esta mañá a programación da X Semana de Prevención de Incendios, que se celebra desde hoxe até o día 30 de setembro co obxectivo de achegar a prevención á veciñanza. “A Coruña é unha das cidades máis que máis aposta pola prevención de incendios”, salientou o alcalde,
destacando “os dez anos de celebración” da actividade co obxectivo de “chegar a todos os fogares, ao comercio, á industria de cada cidade”. A través das actividades e charlas que se celebrarán no Obelisco, centros educativos e industriais, os Bombeiros da Coruña trasladarán á poboación “os coñecementos mínimos de autoprotección”, segundo explicou Ferreiro, “de xeito que as persoas aprender a detectar e recoñecer os riscos no seu fogar, na súa contorna ou espazos que frecuentan da cidade”.

O rexedor sinalou que este ano o Concello “fixo un esforzo” para facer “máis especial” esta Semana de Prevención, co obxectivo de “chegar a unha maior diversidade de públicos” implicando “ao sector profesional, industrial e do ocio”, e animou á veciñanza “a participar nas actividades para coñecer ao servizo de Bombeiros”. Ademais dunha zona de xogos e inchables no Obelisco, para “traballar o aspecto didáctico e lúdico” coas nenas e nenos da cidade, mañá ás 12 horas haberá un simulacro na zona do Parrote no que o grupo de rescate acuático dos Bombeiros da Coruña “amosará a súa pericia no salvamento na auga”, afirmou o alcalde. O luns o polígono de Agrela contará con charlas técnicas para as traballadoras e traballadores e o martes, día 29, haberá un novo simulacro no mesmo centro industrial.

As actividades continuarán até o mércores, día 30, no que terá lugar unha xornada profesional sobre o futuro do sector que contará “con relatores de primeira liña como son o xefe de bombeiros de Madrid ou María Abelón, supervivente do tsunami de Tailandia”, segundo afirmou o rexedor. Trataranse, entre outros temas, a organización dos equipos de rescate nas grandes catástrofes e presentarase a Asociación Profesional de Técnicos de Galicia.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s