Galería

O alcalde e o concelleiro de Rexeneración Urbana presentan á veciñanza o proxecto de humanización de Alfonso Molina

25-09-15 ALCALDE-XIAO-VECIÑOS 2

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, reuníronse na tarde deste venres no entorno da avenida de A Vedra con representantes das asociacións veciñais de Elviña Centro, Elviña Segunda Fase, Monelos, Barrio das Flores, Birloque e Palavea. O obxectivo do encontro era,
sobre o terreo, explicarlles a reforma que o Concello presentou ante o Ministerio de Fomento para abordar a “humanización” de Alfonso Molina. “A zona que estaría afectada por esta reforma acolle a uns 20.000 veciños e veciñas, ademais de distintos equipamentos escoles, o campus universitario e zonas comerciais. Por iso cremos que é fundamental abordar unha reforma que non convirta esta parte da cidade nunha mera autopista”, opinou Varela.

O proxecto de reforma do Concello foi acollido con receptividade por parte dos veciños, aos que se lles facilitou información ao respecto do proxecto remitido ao Ministerio de Fomento por parte do Goberno local. “Seguimos traballando neste proxecto de humanización e tamén seguimos á espera dunha resposta por parte do Goberno central, xa que iso foi o que nos prometeu a ministra de Fomento, Ana Pastor, na reunión que mantivemos con ela en Madrid”, explicou o edil responsable de Rexeneración Urbana.

Varela, ademais, reuniuse na mañá deste venres, tamén co obxectivo de presentar a proposta de humanización de A Vedra, con diversas asociacións ecoloxistas e co colectivo Stop Accidentes, que se amosaron moi receptivos co plantexamento municipal. “Cremos ademais, que este plan de humanización é máis viable se cabe debido a entrada en funcionamento da Terceira Ronda, que aliviou de forma notable o tráfico de Alfonso Molina”, apuntou Varela.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s