Galería

O Goberno local anuncia o inicio do diálogo cos grupos da oposición sobre os orzamentos de 2016

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou hoxe a intención do Goberno municipal de iniciar, a vindeira semana, un proceso de diálogo cos grupos da oposición con respecto aos orzamentos para 2016. “A nosa intención é levar a cabo unha rolda de contactos para ver cales son as súas prioridades e propostas”, dixo o rexedor, que explicou que a intención é centrar a atención, nunha primeira fase, nas novas ordenanzas fiscais para o próximo exercicio, “xa que estas determinarán o nivel de ingresos, e iso será moi relevante para adecuar logo a capacidade de gasto e de investimento”.

O Goberno municipal dará traslado ao resto de formacións con presencia na Corporación das súas propostas en materia de ordenanzas fiscais, a maioría delas xa avanzadas durante a campaña electoral. “Comezaremos pola ordenanza que regula o IBI, xa que a nosa intención, en cumprimento do noso programa, é aumentar o recargo do 50% do IBI ás vivendas baleiras propiedade de entidades bancarias ou a SAREB”, moitas das cales, precisamente son resultado de antigos desafiuzamentos ou embargos hipotecarios. Por outro lado, o rexedor recordou que entre as intencións do Executivo tamén estaría a de incrementar as bonificacións para vivendas protexidas e familias numerosas, que pasarían dunha rebaixa máxima do 60% a beneficiarse, no caso das máis desfavorecidas, dunha bonificación de até o 90%. “Non só imos aumentar esa bonificación a familias numerosas, senón que tamén introduciremos outros criterios, como o da renda”, explicou Ferreiro, que tamén apuntou o desexo de incrementar o período de bonificacións do IBI de vivenda protexida até os sete anos.

O proxecto do Goberno municipal con respecto ás ordenanzas fiscais tamén pasa por
modificar as taxas da auga. “Temos que rebaixar a parte fixa, a tarifa mínima, para que aquelas persoas que menos consuma vexan unha rebaixa no seu recibo”, indicou Ferreiro ante os medios. “En canto as taxas xerais de xestión e recadación, aumentaremos as facilidades de pago para a cidadanía, co que poderemos facer un novo calendario tributario para que familias non teñan tanta carga discal a final de ano e non cheguen a este período con tantos apuros”, indicou.

A intención do Goberno local é trasladar estas e outras cuestións aos grupos da oposición para que fagan as súas achegas ao respecto e poder presentar un proxecto que logo será debatido no Pleno. “A nosa intención é comenzar xa dende hoxe a cadrar as axendas cos demais grupos e iniciar canto antes as conversas para que as novas ordenanzas poidan estar en vigor a partir do 1 de xaneiro”, comentou o primeiro edil coruñés. “Trasladaremos a nosa proposta a todos os grupos por separado, e logo veremos con que formacións hai máis posibilidades de chegar a un acordo”, explicou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s